Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 198 novas da área temática Novas tecnoloxías:

18/06/2024 | 13:16 | C. de Facenda e Administración Pública; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta presenta o Centro de Excelencia en Ciberseguridade de Ourense como unha oportunidade para construír un futuro cunhas tecnoloxías seguras ao servizo das persoas

O conselleiro de Facenda e a conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas visitaron as obras deste novo complexo, que acollerá os sistemas de monitorización e xestión da ciberseguridade na Comunidade, en coordinación co Centro Criptolóxico Nacional e co Instituto Nacional de Ciberseguridad

18/06/2024 | 11:28 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca as posibilidades que ofrece a Intelixencia Artificial no eido xudicial

Diego Calvo sinalou que poderá ser aplicada para mellorar a eficacia da xustiza penal e chegar a ser clave en decisións como medio de proba

17/06/2024 | 15:46 | A Presidencia da Xunta; C. de Emprego, Comercio e Emigración

Máis de 70.000 persoas demandantes de emprego beneficiaranse nun ano do perfilado competencial con intelixencia artificial da Xunta

Rueda asegura que o obxectivo é casar oferta e demanda no eido laboral xa que Galicia “conta con 15.000 postos de traballo se cubrir”

14/06/2024 | 14:46 | C. de Facenda e Administración Pública; Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

A Xunta reclama para a AESIA un modelo de gobernanza no que participen as comunidades autónomas

O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, participou hoxe na Conferencia Sectorial de Transformación Dixital

14/06/2024 | 13:34 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García destaca que máis dun cento de persoas se beneficiaron das solucións tecnolóxicas de ‘talentos inclusivos’

Este programa busca que alumnos de secundaria, bacharelato e FP desenvolvan proxectos que faciliten a vida das persoas con parálise cerebral e outras discapacidades

12/06/2024 | 12:30 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria

Rueda destaca o compromiso da Xunta coas telecomunicacións para avanzar en vertebración territorial

Salienta a importancia da dixitalización dos fogares e empresas para situar á comunidade nun alto nivel 

11/06/2024 | 11:29 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

O prazo para optar ao financiamento para os Programas Integrados de Emprego ábrese mañá

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a convocatoria para os anos 2024 e 2025, coa previsión de que se beneficien unhas 4.600 persoas a través de entidades locais e organizacións sen ánimo de lucro

08/06/2024 | 11:26 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia; C. de Facenda e Administración Pública

O volume de exportacións do Hipersector TIC galego supera os 120 M€, o importe máis alto desde 2017

O valor engadido bruto (VEB) do Hipersector TIC galego aumenta un 1,4 % no último ano e sitúase, por primeira vez, por riba dos dous mil millóns de euros

06/06/2024 | 20:08 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon en valor a formación que ofrece o Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia para captar e reter talento no sector TIC da comunidade

A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, visitou esta tarde en Santiago de Compostela o CNTG, onde departiu con profesorado e alumnado e asistiu a un relatorio a cargo do experto en innovación Alfons Cornellá

04/06/2024 | 13:30 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia; C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta traballa na configuración dun territorio intelixente, que facilitará a xestión dos servizos públicos e dos sectores produtivos

Xa está en marcha a Rede ICousas, pedra angular desta iniciativa, que permitirá a sensorización do territorio