Actualidade
Buscador de novas
Xunta e Concello de Mos abordan o proxecto de ampliación do parque empresarial Louredo
O novo polígono contará cunha superficie de preto de 480.000 metros cadrados nos concellos de Mos e Redondela
Lorenzana reúnese con responsables do Centro Tecnolóxico da Automoción de Galicia para avanzar nos traballos de elaboración do plan director para o sector
A Conselleira de Economía e Industria aproveitou o encontro para explicarlles o novo programa de axudas para a industria auxiliar que contempla apoios máximos de entre 300.000 e 700.000 € por proxecto
Rueda pon en valor a potencia do naval galego e as oportunidades de futuro dun dos motores da economía da comunidade
Asegura que é “un dos escaparates” de Galicia no exterior e un sector que cómpre “coidar” xa que representa o 5% do PIB galego e que da traballo a 26.000 persoas
Rueda analiza coa directiva de Redeia os investimentos na rede eléctrica precisos para cubrir as necesidades da industria galega
Lembrou a necesidade de que a planificación eléctrica que fixa o Goberno inclúa as obras necesarias para garantir a posta en marcha de proxectos empresariais estratéxicos en Galicia
Rueda anuncia que a Xunta apoia con 18 M€ ao sector da automoción galega para facilitar a súa transición a unha mobilidade sustentable
Resalta que o obxectivo é apoiar “ás empresas auxiliares a ser máis competitivas” ante o “gran desafío” que supón a expansión do vehículo eléctrico
Publicada a primeira convocatoria de axudas do Fondo de Transición Xusta para impulsar a mellora da sustentabilidade enerxética no sector industrial da provincia da Coruña
O Diario Oficial de Galicia faise eco da convocatoria á que se destinan 7 millóns de euros e que favorecerá a mobilización de 15,5 millóns de euros e a creación ou mantemento de máis de 150 postos de traballo
Lorenzana pon en valor a implicación do tecido empresarial no fomento de proxectos de aforro e eficiencia enerxética
A conselleira de Economía e Industria visitou esta mañá o aloxamento La Curia, beneficiario do programa de renovables térmicas para diferentes sectores da economía galega, onde lembrou que o prazo para solicitar este apoio permanece aberto ata o vindeiro 31 de xullo
Lorenzana aborda con Ceaga os pormenores da liña de axudas extraordinaria que a Xunta vai aprobar para a industria auxiliar da automoción
Trátase dunha das reunións técnicas que, desde a Consellería de Economía e Industria, se están mantendo cos axentes da industria da automoción para completar os traballos do plan director do sector comprometido para os primeiros cen días de goberno, xunto co da industria naval
A Xunta determina a creación dunha nova ITV no concello da Coruña
A Consellería de Economía e Industria publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a orde pola que se establecerá unha nova estación fixa de inspección técnica de vehículos no municipio