Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 327 novas da área temática i+D+i:

15/03/2024 | 11:01 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta e o Clúster TIC suman esforzos para promover o talento galego para unha transformación dixital adaptada ás necesidades de Galicia

O director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia participou hoxe nunha sesión de presentación de ideas no marco do proxecto TechAngels

14/03/2024 | 12:21 | C. de Economía e Industria

A Xunta presenta a súa estratexia para a atracción, retención e retorno do talento científico durante o primeiro foro de investigación galega no estranxeiro

O evento, organizado por Investigal, a Rede Galega pola Investigación, en colaboración coa Axencia Galega de Innovación, reuniu a preto de 50 investigadoras e investigadores de orixe galega que desenvolven a súa carreira no exterior

13/03/2024 | 13:18 | C. de Economía e Industria

Lorenzana cualifica Syngenta como unha empresa motor e referente da biotecnoloxía galega

Sinala que en Galicia dá emprego a un total de 120 persoas, un 50 por cento mulleres

11/03/2024 | 15:10 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca a aposta de mecanizados Rodríguez Fernández pola innovación e o deseño estratéxico para mellorar a súa competitividade

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, visitou esta mañá a peme ourensá, que está a deseñar novos produtos e mellorar procesos co apoio dos programas DeseñaPeme e InnovaPeme da Xunta de Galicia

06/03/2024 | 14:34 | C. de Economía e Industria

A Xunta inicia os traballos para deseñar o Plan director da industria das TIC

O secretario xeral de Industria, Nicolás Vázquez, mantivo unha reunión esta mañá con representantes do Clúster TIC Galicia

06/03/2024 | 12:13 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca a aplicación do deseño á innovación de produto na empresa naronesa Detegasa

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, visitou esta mañá esta peme que está a desenvolver unha nova tecnoloxía de tratamento de residuos sólidos co apoio do programa DeseñaPeme da Xunta

04/03/2024 | 14:06 | C. de Economía e Industria

Lorenzana resalta a aposta de Vertex Bioenergy por expandir a súa capacidade produtiva en Galicia

Lorenzana tivo ocasión de coñecer o proxecto da futura planta de biometano verde que a compañía prevé instalar en Teixeiro (Curtis)

02/03/2024 | 11:08 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta publica en formato aberto os datos do Mapa de Capacidades Dixitais de Galicia

Este directorio de axentes tecnolóxicos conta xa con máis de 340 entidades e ofrece información sobre uns 1.400 produtos e servizos e 78 tecnoloxías

01/03/2024 | 10:26 | C. de Economía e Industria

A Xunta reforza a aposta pola internacionalización cunha nova antena do Igape en Emiratos Árabes

Permitirá identificar oportunidades de negocio, atender a demanda de información e ofrecer servizos de apoio nun mercado en auxe que inclúe outros países do golfo Pérsico como Arabia Saudita, Irán, Kuwait, Omán ou Qatar e que suma 147 millóns de habitantes