Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 297 novas da área temática Formación:

29/05/2024 | 11:44 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta e o Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia colaboran no fomento das vocacións tecnolóxicas entre os máis novos

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica e o CPETIG desenvolverán seminarios e obradoiros sobre programación e profesións dixitais para nenos e nenas de 7 a 15 anos

26/05/2024 | 10:16 | C. do Medio Rural

Medio Rural afianza a súa aposta pola formación para persoal de incendios cun curso de seguridade para bombeiros forestais condutores de motobomba

As xornadas están organizadas en catro edicións online e 21 sesións prácticas; cada unha delas ten unha duración de 20 horas en modalidade mixta, con 15 horas de teleformación e unha práctica presencial

23/05/2024 | 18:33 | C. de Facenda e Administración Pública

A Rede CeMIT incorpora novo material para facilitar a capacitación dixital das persoas con diversidade funcional

A Rede engade unha serie de dispositivos como ratos tipo panca, pantallas táctiles ou teclados braille, que poden ser solicitados polas aulas que os precisen

23/05/2024 | 17:12 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A I Feira de Educación, Formación e Emprego organizada polo Pazo de Feiras e a Xunta abriu hoxe con case 40 expositores

Na cita están presentes 17 centros educativos públicos lucenses que amosan a ampla variedade de titulacións de Formación Profesional que se imparten na provincia e o potencial das ensinanzas artísticas e de idiomas  

23/05/2024 | 15:26 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A delegada territorial de Ferrol anima aos 20 alumnos do obradoiro dual "Reinicia X" a aproveitar esta oportunidade formativa para o emprego

Este obradoiro dual promovido polos Concellos de Mugardos, Fene e Ares conta cun investimento da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de máis de 531.000 euros

23/05/2024 | 15:24 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta forma no posicionamento de marca para o aumento da competitividade das empresas a través do Polo de emprendemento de Melide

A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, clausurou hoxe en Santiago de Compostela a actividade formativa ‘Crea a túa marca explorando na súa identidade’ organizada desde o Polo melidense

23/05/2024 | 13:34 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Aberto o prazo de solicitude das bolsas de prácticas 2024 na oficina da Fundación Galicia Europa en Bruxelas

Este programa formativo ofrece a oportunidade de entrar en contacto cos asuntos europeos e as institucións comunitarias

21/05/2024 | 11:06 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

José González salienta a importancia dos programas de activación para o emprego para axudar ás persoas con máis dificultades a acceder a un traballo

A iniciativa, coa previsión de estenderse ata 2028, acaba de comezar coa participación dunhas 80 persoas, sobre 60 en Santiago, no Centro Integrado de Formación Profesional, e unhas 20 na Lanzadeira de Emprego Nómade da Coruña

17/05/2024 | 13:33 | C. de Facenda e Administración Pública

Os galegos e galegas de 16 a 44 anos superan a media estatal en competencias dixitais básicas e avanzadas

Á cabeza está o grupo de idade de 25 a 34 anos, no que a porcentaxe de capacitación dixital sitúase no 93,2 %, 11 puntos máis que a media estatal