Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 476 novas da área temática Forestal:

14/05/2024 | 13:20 | C. do Medio Rural

A conselleira do Medio Rural pon en valor as axudas para o fomento do castiñeiro, con 1,3 M€ neste ano, nunha plantación na Pobra do Brollón

A titular de Medio Rural salientou que o orzamento destas achegas medra un 30% respecto da aprobación da anterior convocatoria, dentro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia de España financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU

14/05/2024 | 10:47 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Policía autonómica esclarece un incendio forestal no concello do Carballiño

O lume produciuse por un escape nunha queima ao non tomar as medidas de precaución necesarias e afectou 0,26 hectáreas no lugar de Esgueva

13/05/2024 | 17:02 | C. do Medio Rural

O delegado territorial en Pontevedra e Jorge Cubela reúnense para potenciar as vías de colaboración contra os incendios de cara ao verán

Reguera lembrou a importancia de traballar de forma coordinada na prevención e na extinción dos incendios

13/05/2024 | 11:00 | C. do Medio Rural

A Xunta declara de utilidade pública e interese social o polígono agroforestal da Madanela, no concello ourensán de Monterrei, para mobilizar máis terra agraria

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o decreto desta declaración, que implica o recoñecemento da existencia de razóns de interese público para os efectos da aplicación da tramitación de urxencia do procedemento

07/05/2024 | 14:55 | C. do Medio Rural

A Xunta inviste preto de 5 M€ na adquisición de 18 novas motobombas para o persoal de loita contra os incendios forestais

María José Gómez destacou o compromiso por seguir mellorando e ampliando a dotación de medios do persoal da Consellería co fin último de potenciar o servizo que se lle brinda a todos os galegos e galegas

06/05/2024 | 14:10 | C. do Medio Rural

A Xunta destina 3,5 M€ a 190 beneficiarios para previr os danos por incendios ou desastres naturais en montes veciñais e sociedades de fomento forestal

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da convocatoria destas achegas da Consellería do Medio Rural