Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 127 novas da área temática Facenda:

15/03/2024 | 09:54 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta pon en marcha unha aplicación que permitirá á cidadanía acceder de forma áxil e sinxela aos servizos da Axencia Tributaria de Galicia

A través desta APP os usuarios poderán pedir cita, pagar taxas ou obter os certificados de estar ao corrente de pago coa Xunta, entre outros servizos

25/02/2024 | 13:02 | C. de Facenda e Administración Pública

A tecnoloxía de robotización permite á Xunta incrementar nun 20% a capacidade do servizo de atención a persoas usuarias

A Xunta está a probar esta tecnoloxía na xestión de altas e baixas das aplicacións corporativas vinculadas aos 10.000 traslados de unidade que rexistra cada ano a Administración autonómica

23/02/2024 | 10:14 | C. de Facenda e Administración Pública

A economía galega medrou un 1,8% no ano 2023

No 4º trimestre do ano o PIB aumentou un 0,8% con respecto ao trimestre anterior

13/02/2024 | 12:12 | C. de Facenda e Administración Pública

O DOG publica hoxe a data de exame para 28 prazas de emprego público reservadas para persoas con discapacidade intelectual

Trátase do proceso selectivo para a agrupación profesional de persoal subalterno no que están chamadas a participar máis de 530 persoas

05/02/2024 | 12:37 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta ofertará preto de 3.000 prazas no maior concurso de traslados de administración xeral

A Dirección Xeral da Función Pública acaba de enviar ás organizacións sindicais as bases do concurso para iniciar a súa negociación
 

01/01/2024 | 10:10 | C. de Facenda e Administración Pública

Hoxe entran en vigor os orzamentos de Galicia para este ano 2024

As contas deste ano inclúen 13.257 millóns de euros

30/12/2023 | 19:25 | C. de Facenda e Administración Pública

Xunta e sindicatos pactan unha nova convocatoria para o acceso á carreira administrativa

Trátase dun sistema voluntario e consolidable que recoñece o desempeño do persoal empregado público e a súa formación

29/12/2023 | 11:23 | C. de Facenda e Administración Pública

Máis de 430 persoas participaron no ciclo formativo sobre ciberseguridade para a cidadanía

Baixo o lema “O teu día a día en liña, con seguridade” leváronse a cabo un total de 38 sesións formativas entre marzo e decembro

25/12/2023 | 12:18 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta traduce ao galego as guías internacionais de boas prácticas para proxectos de software de código aberto dirixidas a empresas e profesionais

A web da corrente internacional InnerSource ofrece xa dous libros en galego sobre modelos e xestión de Proxectos