Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 561 novas da área temática Deporte:

12/06/2024 | 14:15 | Secretaría Xeral para o Deporte ; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Lete Lasa anima a “construír un fútbol inclusivo cheo de mensaxes positivas que axude a crecer á nosa infancia” na presentación da MS2 CUP

O secretario xeral para o Deporte destaca o traballo de Michel Salgado no torneo internacional que leva o seu nome e que se celebrará na Madroa do 14 ao 24 de xuño

11/06/2024 | 14:27 | Secretaría Xeral para o Deporte ; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta solicita información á Garda Civil, clubs e Federación para esclarecer os feitos acontecidos no partido entre o Racing Vilalbés B e o San Ciprián

O secretario xeral para o Deporte apunta que “toda conduta violenta será sancionada” e que “a postura da Xunta é inamovible: tolerancia cero coa violencia”

10/06/2024 | 19:26 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta condena o acontecido no partido de ascenso á Primeira Galicia entre o Racing Vilalbés B e o C.D. San Ciprián e convoca de urxencia á Comisión Galega de Control da Violencia

A décimo terceira xuntanza da Comisión Galega de Control da Violencia terá lugar mañá día 11 de xuño ás 12,00 horas co único punto do día dos feitos acaecidos no campo da Fonte, en Cospeito

10/06/2024 | 18:21 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Comezan as xornadas formativas gratuítas sobre o ‘Protocolo de protección de nenos, nenas e adolescentes fronte a violencia no deporte’

O secretario xeral para o Deporte destaca a importancia de “erradicar calquera tipo de violencia” na primeira xornada na que participaron unhas 80 persoas co obxectivo de formarse como delegados das súas entidades para a protección dos nenos, nenas e adolescentes

08/06/2024 | 13:35 | Secretaría Xeral para o Deporte ; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Lete Lasa destaca ao porteiro rosaleiro Javi Díaz como “parte indivisible da historia do balonmán galego”

Sinálao como un exemplo para todos os galegos e galegas, xa que para competir ao máximo nivel ata os 49 anos é preciso “manter un estilo de vida activo e saudable con moitos esforzos e sacrificios”

08/06/2024 | 12:12 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Ana Ortiz felicita a Carlos Remeseiro polo seu título mundial de culturismo

O deportista e traballador da Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Vigo foi recibido pola representante autonómica

07/06/2024 | 16:39 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Diego Calvo resalta o nivel do fútbol galego no terceiro Congreso internacional dedicado a adestradores deste deporte

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes participou na inauguración de ‘O Camiño do Futgal’, onde puxo en valor as 100.000 licenzas da Real Federación Galega de Fútbol, das que o 10% son de mulleres, así como as máis de 5.500 de adestradores 

06/06/2024 | 15:54 | Axencia de Turismo de Galicia

Martina Aneiros sitúa o deporte como un dos elementos diferenciadores da oferta e destino turístico de Galicia

A delegada territorial da Xunta en Ferrol participou hoxe, xunto ao xerente de Turismo de Galicia, na presentación das tres probas de World Surf League (WSL) que terán lugar este verán na comunidade autónoma