Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.408 novas da área temática Infraestruturas:

02/11/2023 | 12:57 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta inviste 70.000 € na colocación de ventás, reparación dos baños e formación en marketing para as praceiras da praza de abastos de Vilagarcía

Este apoio permitiu mellorar a imaxe e a funcionalidade do edificio, converténdoo nun lugar máis atractivo para a clientela e máis confortable para os traballadores

02/11/2023 | 12:26 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Escola infantil de Senra no concello de Oroso estrea cuberta co apoio da Xunta

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou a instalación cuxa reforma foi financiada polo Goberno galego cunha achega de 31.000 euros

01/11/2023 | 11:04 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta activa o plan de vialidade invernal na provincia de Ourense con 83 profesionais e máis de 2.000 toneladas de fundentes para garantir a seguridade e mobilidade nas vías autonómicas

O plan, en servizo desde hoxe, mobiliza nesta provincia un dispositivo de 46 máquinas, entre elas camións, pick-up, cuñas ou esparexedores de sal, para reforzar a seguridade viaria ante os episodios de xeo e neve

31/10/2023 | 15:17 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta somete a información pública o proxecto de construción dunha pasarela peonil na ponte sobre o rego Val dos Gozos en Cudeiro, no concello de Ourense

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o anuncio deste trámite, así como os bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto para actuar na estrada OU-150
 

31/10/2023 | 14:39 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez destaca que os orzamentos da Xunta para 2024 reservan 5,4 M€ para completar o plan destinado a reducir o risco de inundacións en Carballo

Vázquez Mourelle detalla que a Xunta investirá o vindeiro ano máis de 8,7 M€ en obras para preservar os ecosistemas fluviais e previr o impacto das enchentes na Demarcación Hidrográfica de Galicia-Costa

31/10/2023 | 14:15 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta comeza as obras da prolongación da autovía AG-59 desde A Ramallosa a Pontevea, no concello de Teo, cun investimento de máis de 32,3 M€

Trátase da construción de 3,5 novos km da autovía libre de peaxe entre Santiago de Compostela e A Estrada, para o que os Orzamentos da Xunta de 2024 consignan 10 M€

31/10/2023 | 12:09 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta inviste máis de 40.000 euros na mellora do mercado Municipal das Neves

Este apoio permitirá unificar a imaxe das peixerías do mercado, mellorar os accesos, investir en formación para os praceiros e reparar as fachadas

31/10/2023 | 12:06 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras da 2ª fase de humanización da avenida de Galicia en Teis, no Concello de Vigo, nas que inviste 4,1 M€

Intervirase nos 1,56 km da PO-323 desde o límite municipal de Vigo co de Redondela ata o IES de Teis, completando a remodelación deste eixe vertebrador coas obras que están actualmente en execución, entre a avenida da Mariña Española ao instituto
 

30/10/2023 | 13:59 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras do aparcadoiro disuasorio de Nigrán con 72 prazas e un investimento de preto de 650.000 euros

Ana Ortiz visitou este luns a zona na que se iniciaron xa os traballos para a construción do novo aparcadoiro, no ámbito da autoestrada AG-57 e a PO-340 (Gondomar-A Ramallosa)

30/10/2023 | 13:16 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta destinará o vindeiro ano 5,5 M€ ás bonificacións e conxelación das peaxes das autoestradas autonómicas, o que beneficiará a case 28.000 usuarios cada día

Ethel Vázquez salienta que a aposta do Executivo galego por unha mobilidade máis social volverá manter o vindeiro ano intactas as tarifas das autoestradas A Coruña-Carballo e Vigo-Baiona, evitando o impacto do IPC e manténdoas como as máis baratas de España