Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.293 novas da área temática Sanidade:

01/01/2024 | 10:50 | C. de Sanidade

Kyliam, primeiro bebé nado en Galicia no ano 2024

Naceu no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo ás 00:00 horas e pesou 3,420 kg

30/12/2023 | 15:11 | C. de Sanidade

O Sergas publica a convocatoria de 43 prazas da categoría de auxiliar da función administrativa para persoas con discapacidade intelectual

Os aspirantes poderán inscribirse para participar no concurso-oposición desde o 30 de decembro, e ata o luns 29 de xaneiro

29/12/2023 | 14:50 | C. de Sanidade

A Consellería de Sanidade establece a recomendación xeral do uso de máscara no conxunto de centros sanitarios de Galicia

A medida entrará en vigor desde as 15 horas de hoxe e estenderase durante os vindeiros 15 días, momento no que se revisará a situación epidemiolóxica

29/12/2023 | 14:25 | C. de Sanidade

O DOG publica a oferta de emprego público de 19 prazas de persoal funcionario sanitario

Con esta oferta, o departamento sanitario galego esgota a taxa máxima de reposición

28/12/2023 | 15:16 | A Presidencia da Xunta; C. de Sanidade

Rueda destaca que a Xunta destina 127 M€ á adquisición de fármacos CAR-T para o tratamento de pacientes de determinados tipos de cancros do sangue

Resalta que o obxectivo é avanzar “cara unha medicina máis personalizada” con estas terapias avanzadas “que permiten recoñecer e destruír con mellor eficacia” as células tumorais

28/12/2023 | 15:11 | C. de Sanidade

A Consellería de Sanidade lembra da importancia de vacinarse da gripe e da COVID-19

As persoas que aínda non se vacinasen fronte a estas infeccións respiratorias teñen a posibilidade de facelo nos hospitais galegos, mediante o sistema de autocita

27/12/2023 | 11:38 | C. de Sanidade

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue realiza un chamamento á doazón de sangue debido a unha baixada xeneralizada das reservas

A maioría das reservas dos grupos sanguíneos amosan niveis baixos debido a un aumento das necesidades dos hospitais galegos, en especial o Cero Negativo

26/12/2023 | 14:02 | C. de Sanidade

O Sergas presenta ás organizacións sindicais o informe de avaliación de riscos psicosociais e o protocolo de actuación ante violencias e acoso sexual e de xénero

O informe de avaliación de riscos psicosociais presentouse na xuntanza da Comisión Central de Seguridade e Saúde, culminando un proceso que comezou en novembro de 2022

23/12/2023 | 15:05 | C. de Sanidade

A Xunta completa a extensión do cribado de cancro de cérvix en toda Galicia

O Goberno galego cumpre así o obxectivo de implantar este programa de detección precoz antes de rematar o 2023

23/12/2023 | 13:17 | C. de Sanidade

A central de coordinación do 061 de Galicia reforza o seu persoal un ano máis ante a previsión do incremento da demanda sanitaria no Nadal

O persoal facultativo e teleoperador aumentará durante as datas de maior actividade co obxectivo de axilizar as consultas médicas e optimizar a xestión dos recursos