Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 784 novas da área temática Medio ambiente:

07/09/2023 | 17:50 | C. do Mar

Galicia conta cun documento pioneiro para protexer o seu patrimonio marítimo que propón 100 medidas a aplicar ata 2030 para preservalo e poñelo en valor

O Plan da Cultura Marítima de Galicia. Horizonte 2030 fai unha profunda análise da tipoloxía de bens inmobles, mobles e patrimonio inmaterial existente na comunidade co obxectivo de avanzar no seu coñecemento e darlle difusión nacional e internacional

06/09/2023 | 13:36 | A Presidencia da Xunta; C. de Sanidade; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A sanidade galega está á vangarda na protección do medio ambiente grazas a Estratexia de Economía Circular do Sergas 2030

Rueda segura que avanzar na sustentabilidade é algo que “implica, preocupa e obriga a todos”: administracións, empresas e cidadáns

05/09/2023 | 15:49 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Galicia rexistrou un mes de agosto cálido e con precipitacións normais para este período

O avance do último informe climatolóxico de Meteogalicia conclúe que tanto as temperaturas máximas como as mínimas foron máis altas do agardado, rexistrando uns valores medios de 26,3 ºC e 14,1 ºC, respectivamente

05/09/2023 | 14:14 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta completa os traballos de restauración ecolóxica impulsados en 2022 para preservar a duna de Corrubedo, cun investimento total de 0,5 M€

Ángeles Vázquez salienta a importancia da actuación executada para recuperar o espazo protexido e mellorar o hábitat característico das dunas costeiras fixas con vexetación herbácea, considerado prioritario a nivel comunitario
 

04/09/2023 | 14:20 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Ángeles Vázquez trasládalle ao empresariado de Xove os avances na tramitación da ampliación que permitirá sumar 56.000 m2 ao polígono de Camba

A responsable autonómica explica que este mesmo ano se adxudicará a redacción do plan necesario para desenvolver o novo ámbito de solo industrial no parque, cun investimento total previsto por parte de Xestur de 4,24 millóns de euros

01/09/2023 | 18:32 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O delegado territorial visita a humanización da contorna do Peto de Ánimas en Cerdedo-Cotobade

As obras realizadas grazas ao apoio da Xunta permitirán empedrar, crear unha senda de formigón e mellorar as redes pluviais
 

01/09/2023 | 15:15 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta destaca que Galicia é a primeira comunidade en incluír os servizos ecosistémicos nos procedementos de avaliación ambiental por medio da Lei utility

O encontro xirou en torno á necesidade de aproveitar de xeito sostible o entorno natural, tal e como reflicte o anteproxecto de Lei de promoción dos beneficios sociais e económicos dos proxectos que utilizan os recursos naturais de Galicia

01/09/2023 | 13:33 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta requírelle á empresa Tungsten San Finx que no prazo máximo dun mes se axuste á autorización de vertido

A desatención do requirimento pode dar lugar á revogación da autorización outorgada