Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.408 novas da área temática Infraestruturas:

07/11/2023 | 18:25 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. de Sanidade

A Xunta traslada ao concello de Santiago unha proposta de colaboración para mellorar a integración urbana do Hospital clínico e favorecer o acceso á sanidade pública

A Xunta aposta por abordar a ordenación e integración urbana do hospital a través dun Proxecto de Interese Autonómico que se compromete a tramitar

07/11/2023 | 13:35 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta anuncia a adxudicación do plan e do proxecto de urbanización que permitirán ampliar en 162.000 m2 o polígono industrial de Toedo, na Estrada

Ángeles Vázquez subliña que o próximo ano se redactarán ambos documentos co obxectivo de poder iniciar as obras de urbanización do novo ámbito en 2025 e avanzar en paralelo no asentamento das empresas interesadas nesta área industrial

07/11/2023 | 12:53 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
05/11/2023 | 11:33 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta comezará a vindeira semana traballos de limpeza nas marxes de dúas estradas autonómicas ao paso polas co-marcas do Cabarlliño e do Ribeiro

As novas actuacións levaranse a cabo na estrada OU-504, ao paso polos municipios do Carballiño, Leiro e Maside; e na OU-405, que transcorre por Ribadavia

05/11/2023 | 11:07 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e o concello de Folgoso do Courel avalían iniciativas para desenvolver proxectos de humanización e para impulsar o Xeoparque

Estudaron o proxecto municipal para a construción dun novo acceso aos edificios municipais de usos múltiples que se localizan no lugar de Fondo de Vila

03/11/2023 | 15:24 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica no DOG o sometemento a información pública do anteproxecto para completar a rede de drenaxe da estrada PO-223, no concello de Pontevedra

O obxectivo é definir as actuacións para dotar de continuidade os treitos de colector lonxitudinal de drenaxe de augas pluviais da marxe dereita da PO-223, entre os puntos 3+640 e 4+450

03/11/2023 | 15:18 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez anuncia un investimento de 2,5 M€ na ampliación do instituto Ramón Mª Aller Ulloa de Lalín, que permitirá reforzar a oferta de ciclos de FP

“É unha moi boa noticia para a comarca do Deza, que poderá duplicar a oferta de Formación Profesional”, destaca o responsable de Educación da Xunta de Galicia

03/11/2023 | 15:17 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica a redacción do proxecto da acometida eléctrica para a nova depuradora da parroquia de Roimil, no concello de Friol

O contrato, adxudicado por máis de 15.000 euros e un prazo de 3 meses definirá as actuacións que completan os traballos en execución de mellora do sistema de saneamento municipal en distintos núcleos

03/11/2023 | 13:39 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

O DOG publica a encomenda para a mellora da eficiencia enerxética da sede da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda en Santiago

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade licitará antes de finalizar o ano esta obra, co obxectivo de iniciala no vindeiro 2024

02/11/2023 | 14:27 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta executa actuacións de conservación e limpeza nos treitos interurbanos do río Mougás, no concello de Oia

Estes traballos desenvólvense ao longo de preto de 1 km, no percorrido do río polos lugares de Bragadela, A Granxa e O Porto, na parroquia de Santa Uxía de Mougás