Actualidade
Buscador de novas
Lorenzana destaca as tres décadas de traxectoria da Tecnópole no impulso a iniciativas empresariais innovadoras
A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, visitou hoxe en San Cibrao das Viñas o Parque Tecnolóxico de Galicia, destacando a súa importancia tanto para o mundo empresarial como para a tecnoloxía e a innovación
A Xunta declara a planta de hidróxeno renovable de Naturgy, Repsol e Reganosa en Cerceda como proxecto industrial estratéxico
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes asegura que o obxectivo é “seguir posicionando Galicia como referente internacional na produción de hidróxeno verde”
A Xunta destaca o papel do encontro de torneiros de Xermade como cita de referencia do sector en Europa
A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, participou esta mañá na presentación do XXIII Encontro Internacional de Torneiros de Galicia, que se celebrará os días 15, 16 e 17 de setembro
A Xunta colabora con Stellantis na procura dunha planta máis flexible, sustentable e conectada
Un consorcio liderado pola planta viguesa presentou esta mañá os resultados do proxecto Facendo 4.0 apoiado polo programa Fábrica Intelixente e Sustentable do Goberno galego
A Xunta de Galicia entrega o selo de mercado excelente á praza de abastos de Pontedeume
O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, visitou esta mañá o mercado eumés, o primeiro da provincia en contar con este distintivo
A Xunta destaca en Bueu o papel do asociacionismo no impulso ao comercio de proximidade
O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, participou esta mañá na inauguración da feira Bueu non Stock, organizada pola Asociación de Comerciantes e Industrias de Bueu
A Xunta celebrará o encontro Artesanía de Galicia no Courel do 9 ao 13 de agosto
A terceira edición deste evento terá lugar en diferentes localizacións de Folgoso do Courel e conta coa colaboración deste concello e da Fundación Uxío Novoneyra
A Xunta pon en valor a colaboración con Agaca e EspazoCoop para a consolidación das cooperativas e doutras entidades de economía social en Galicia
O secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Pablo Fernández, participou hoxe no acto de clausura da xornada de presentación da II edición de ES-Mentoring Acompañando á Economía Social
A Xunta destaca a aposta pola innovación da empresa de San Cibrao das Viñas Formato Verde
A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, visitou a compañía, que deseñou co apoio do programa DeseñaPeme un novo contedor de residuos de carga vertical para o mercado europeo