Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 561 novas da área temática Deporte:

26/03/2023 | 10:08 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A competición a nado Tripla Coroa Illas Atlánticas abre mañá o prazo de inscrición para poder participar na súa segunda proba

A carreira, na que colabora a Xunta e que se enmarca na terceira edición deste acontecemento deportivo, celebrarase o 9 de setembro entre a illa de Sálvora e Ribeira

24/03/2023 | 15:37 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Lete pon de exemplo ao remeiro Cosme Sampedro para concienciar da importancia do deporte na vida na presentación do torneo de fútbol base de Ribeira

O torneo contará coa participación de máis dun milleiro de nenos e nenas ao longo da fin de semana repartidos en 53 equipos autonómicos, nacionais e mesmo internacionais -Braga, Benfica e Porto de Portugal, así como o ESBF Bouafle Academy francés-

23/03/2023 | 13:34 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias salienta a traxectoria da Vig-Bay como exemplo dos “valores da cidade” e celebra o seu título de Vigués Distinguido 2023

A delegada da Xunta en Vigo participou na presentación da vixésima segunda edición da proba, que recibirá este mesmo xoves o galardón da cidade

22/03/2023 | 17:27 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Lete destaca o gran nivel do taekwondo galego como mostran, entre moitos outros, os excelentes resultados do deportista do CGTD, Iván García

O secretario xeral para o Deporte tamén recibiu a unha promesa do motociclismo galego de velocidade como Marco Díaz, que xa está a acadar importantes éxitos a pesar da súa mocidade

21/03/2023 | 16:24 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias e Lete Lasa entregan material deportivo a 95 entidades deportivas de Vigo por valor de máis de 508.000€

A delegada da Xunta en Vigo e o secretario xeral para o Deporte fixeron entrega hoxe de equipamento concedido a clubs e federacións da cidade

21/03/2023 | 14:52 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta dota dunha pista de pádel ao concello de Moraña para completar as instalacións deportivas do Buelo cunha achega de máis de 35.000 €

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, acompañado polo alcalde José Cela, supervisou esta mañá esta nova cancha de xogo, financiada ao abeiro da orde de infraestruturas de uso público da Vicepresidencia segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

20/03/2023 | 21:01 | A Presidencia da Xunta; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Política Social e Igualdade

Rueda destaca o apoio da Xunta para situar o deporte galego na mellor época da súa historia

Subliña o esforzo e a dedicación dos 22 deportistas e institucións máis destacados nuns últimos tres anos marcados polas restricións derivadas da pandemia

20/03/2023 | 11:55 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora na mellora enerxética das instalacións deportivas de Ribadumia cunha achega de 25.500 €

A directora xeral de Administración Local e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra visitaron o campo de fútbol e o polideportivo municipal de Barrantes, nos que se renovou a iluminación