Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 884 novas da área temática Agricultura e gandería:

25/09/2023 | 10:24 | C. do Medio Rural

A Xunta beneficia 851 titulares de explotacións agrarias para a súa nova participación en réximes de calidade cun total de 220.000 €

A través desta liña de subvencións, os beneficiarios poden financiar os custos fixos ocasionados pola inscrición e a cota anual de participación no réxime de calidade

22/09/2023 | 12:38 | C. do Medio Rural

A Xunta destaca o pulo da agricultura ecolóxica en Galicia na véspera do seu día europeo

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria participou en Monforte de Lemos no acto de celebración desta efeméride, que ten lugar cada 23 de setembro

20/09/2023 | 19:30 | C. do Medio Rural

A Xunta declara os dous primeiros focos de enfermidade hemorráxica epizoótica en explotacións bovinas situadas nos concellos da Capela e Abegondo

As principais medidas de prevención para esta enfermidade, que continúa a súa expansión por todo o territorio da península, consisten fundamentalmente en evitar a exposición dos bovinos ao mosquito vector transmisor da enfermidade

20/09/2023 | 16:18 | C. do Medio Rural

A Xunta pon en valor os estudos preliminares para establecer un programa de avaliación da raza autóctona Porco Celta nunha xornada divulgativa

Estes traballos enmárcanse nunha acción de cooperación entre a Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Asoporcel e o Centro Tecnolóxico da Carne

19/09/2023 | 13:50 | C. do Medio Rural

A Xunta explica aos veciños interesados os detalles do posible polígono agroforestal de Salvaterra de Miño

José González explicou que esta iniciativa permitirá mobilizar preto de 20 hectáreas, divididas en 213 parcelas de 135 titulares

16/09/2023 | 12:53 | C. do Medio Rural

A Xunta destaca que a futura Lei da calidade alimentaria reforzará a protección dos produtos do agro e potenciará a súa excelencia

José González salientou o labor da Xunta en materia de mobilización de terras e que precisamente en Coristanco se traballa na posta en marcha dun polígono agroforestal
 

15/09/2023 | 15:12 | A Presidencia da Xunta; C. do Medio Rural

Rueda destaca o valor que xera o sector vitivinícola en Galicia e a gran aceptación coa que conta no exterior

Salienta ás boas previsións da vendima deste ano, que apuntan a un incremento de entre un 6 e un 7% con respecto ao colleitado na pasada campaña e indica que a DO Valdeorras é a máis adiantada co 85% recollido

14/09/2023 | 14:40 | C. do Medio Rural

A Xunta e o Concello de Oroso colaborarán na mellora de infraestruturas rurais e no impulso ao viveiro da Falmega como referente de material forestal de reprodución

O conselleiro do Medio Rural, José González, reuniuse en San Caetano co alcalde desta localidade coruñesa, Alexander Doval, para coñecer as súas necesidades e demandas