Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 784 novas da área temática Medio ambiente:

13/09/2023 | 13:09 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta declarará a emerxencia cinexética temporal en 37 comarcas para controlar a poboación do xabaril

A medida, que afecta a 248 concellos e abrangue o 80,7 % da superficie galega, entrará en vigor este sábado e manterase ata o 25 de febreiro de 2024

12/09/2023 | 18:44 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e a Autoridade Portuaria de Vigo avalían vías de colaboración para avanzar na loita contra o cambio climático

Tamén analizaron a situación actual da Plataforma loxístico industrial Salvaterra–As Neves (Plisan) e a evolución das obras do apartadoiro ferroviario

12/09/2023 | 17:03 | A Presidencia da Xunta; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Rueda destaca que a Xunta garante o equilibrio entre a protección da natureza e a actividade económica a través da Lei do Clima e a Lei do Litoral

Salienta que Galicia se sitúa á vangarda na loita contra o cambio climático con medidas como a Alianza Galega polo Clima, a Estratexia de Economía Circular do Sergas, o fomento da mobilidade sostible ou o apoio ás empresas na transición enerxética

12/09/2023 | 13:21 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta avanza a cuarta convocatoria consecutiva das axudas a particulares e concellos para impulsar o fermosismo

Ángeles Vázquez salienta que, desta a posta en marcha desta iniciativa, no ano 2021, a Xunta concedeu subvencións por 7,6 millóns de euros

11/09/2023 | 14:08 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta avanza que máis de 8.500 persoas visitaron o Areoso durante os dous primeiros meses de aplicación do sistema de control de acceso

Ángeles Vázquez explica que 7 de cada 10 usuarios optaron por unha embarcación sen motor, maioritariamente piraguas, para desprazarse ata o illote arousán

11/09/2023 | 11:48 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A policía autonómica esclarece un incendio forestal no concello ourensán de Coles

O lume afectou 0,11 hectáreas de superficie arborada e foi provocado durante os traballos cunha amoladora na vía férrea Monforte-Ourense sen as medidas de seguridade necesarias

11/09/2023 | 11:15 | C. do Mar

Galicia reivindica o seu papel como referente europeo e internacional na loita contra a pesca ilegal

O titular de Mar salienta que a comunidade contribúe a formar inspectores de todo o mundo co obxectivo de frear as prácticas irregulares no sector pesqueiro

10/09/2023 | 11:44 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta licita por máis de 550.000 euros un contrato para facer seguimento dos hábitats de interese comunitario existentes en Galicia

O servizo permitirá determinar o actual estado de conservación e formular medidas axeitadas para protexer e manter estas áreas naturais

09/09/2023 | 13:06 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Ángeles Vázquez anima aos 136 nadadores que compiten este ano na Tripla Coroa Illas Atlánticas a converterse en embaixadores do Parque Nacional no resto do mundo

Pon en valor a dureza da travesía que se disputa hoxe entre Ribeira e Sálvora, unha illa que, segundo dixo, cada ano atrae a un maior número de visitas, como demostran as preto de 7.000 persoas que pasaron por ela entre os meses de xullo e agosto

08/09/2023 | 16:17 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta aposta pola colaboración público-privada para sumar esforzos na loita contra o cambio climático e avanzar na economía circular

Ángeles Vázquez incide na importancia do papel do tecido empresarial e industrial para garantir unha Galicia máis verde e pon en valor o seu compromiso ambiental