Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 593 novas da área temática Deporte:

04/05/2023 | 18:27 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Secretaría Xeral para o Deporte

Galicia volve ser epicentro do motociclismo coa proba do Mundial de Enduro de Lalín desta fin de semana

Unhas semanas despois da proba do mundial de TrialGP en Arteixo, Lalín acollerá a segunda proba do circuíto mundial de enduro cuns 230 deportistas dos que 21 serán galegos

03/05/2023 | 15:11 | A Presidencia da Xunta; Secretaría Xeral para o Deporte

Rueda felicita o Celta Zorka Recalvi de baloncesto feminino polo seu regreso á máxima categoría

Salienta o potencial deste deporte en Galicia con tres equipos galegos na primeira división nacional

02/05/2023 | 12:33 | A Presidencia da Xunta; Secretaría Xeral para o Deporte

Rueda felicita o C.D. Arenteiro polo seu ascenso á Primeira RFEF tras unha excepcional tempada

“Galicia é un grande equipo porque se compón doutros grandes equipos que entre todos facedes esta terra”, salienta o mandatario galego sobre o papel deste club que logrou en novembro a Copa da Federación e agora o ascenso á terceira división nacional

01/05/2023 | 16:44 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Secretaría Xeral para o Deporte

O secretario xeral para o Deporte asiste á primeira competición oficial do módulo de atletismo cuberto do Ifevi

A pista acolleu poucas semanas despois da súa inauguración o control da FGA para atletas de categorías inferiores e o vindeiro 17 de maio realizará un novo test para todas as categorías

30/04/2023 | 16:18 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Diego Calvo destaca o potencial de Galicia para acoller competicións mundiais como a Karate Youth League

Participou na entrega de premios desta proba que reuniu desde o xoves 3300 karatekas e representantes de clubs de categorías inferiores de 72 países e saudou os cinco integrantes galegos da selección española que tamén compiten nesta liga

28/04/2023 | 15:03 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Xa se poden solicitar as axudas da Xunta para equipamentos de deporte adaptado que contará cun orzamento de 227.000 euros

Esta orde chega nun dos momentos máis doces do deporte adaptado galego que vén de realizar unha brillante actuación nos Xogos Paralímpicos de Toquío e está orientada a posibilitar a liberdade e igualdade reais e efectivas para toda a sociedade

27/04/2023 | 18:29 | A Presidencia da Xunta; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Rueda salienta que Galicia será o epicentro do ciclismo en 2024 grazas ao congreso anual da UEC que chegará a Santiago da man do Goberno galego

Destaca os grandes fitos do ciclismo galego nos últimos anos e a importancia da bicicleta para o turismo na Comunidade

26/04/2023 | 15:44 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Galicia e A Coruña serán o epicentro do karate mundial grazas á Youth League que chega por vez primeira a España con preto de 3.000 deportistas

O secretario xeral para o Deporte destaca a trintena de galegos que competirán e, nomeadamente, os cinco integrantes da selección española como Simón Cancelo, Lucía Guerrero, Martina Soto, Alba Rocha ou Eva Rodríguez Loredo, quen acadou unha medala de bronce na Youth League de Venecia en 2022