Actualidade
Buscador de novas
A Xunta insiste en que as negociacións para resolver o conflito na prestación do servizo contraincendios e salvamento debe realizarse dentro dos consorcios provinciais
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, aclarou hoxe no Parlamento de Galicia que os consorcios e as administracións que forman parte destes organismos manteñen aberto o diálogo cos representantes sindicais
A Xunta e o Concello de Baiona abordarán unha planificación integral de actuacións para poñer en valor o estuario da Foz
Ángeles Vázquez avanza tamén a intención de la Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda de retomar a segunda fase do proxecto de humanización da Avenida de Sabarís
A Xunta estudará colaborar co Concello de Ponteceso para acondicionar e habilitar dúas sendas fluviais no municipio
Ángeles Vázquez e José Manuel Mato analizaron tamén as posibilidades de ampliar o parque público residencial do municipio a través da rehabilitación de antigas vivendas de mestres, un proxecto que podería optar á liña de axudas do IGVS do ano que vén
A Xunta estuda colaborar co concello de Beariz para a humanización de varias rúas do municipio
Ángeles Vázquez explica que esta actuación podería acollerse ao Plan Hurbe, un programa impulsado polo Goberno galego co fin de axudar aos municipios a financiar este tipo de proxectos que inciden de forma positiva na calidade de vida da veciñanza
A Xunta avanza que máis de 460.000 persoas visitaron as Illas Atlánticas durante a tempada de verán e prevé un novo récord de afluencia este ano
Ángeles Vázquez subliña que entre o 15 de maio e o 15 de setembro os catro arquipélagos rexistraron un 5,1 % máis de visitas que no mesmo período de 2022
A Xunta colabora este verán nunha actividade para dar a coñecer a riqueza natural das Illas Atlánticas a través de visitas en kayak
A experiencia, que comezou no mes de xuño, permitiu que ao redor de 2.000 persoas explorasen xa recunchos inaccesibles con embarcacións doutro tipo, ademais de incluír aspectos formativos e de sensibilización por parte dos guías do Parque Nacional
A Xunta traballa na mellora da eficiencia enerxética dos centros de ensino mediante rehabilitacións integrais e instalacións de biomasa e fotovoltaicas
A través do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica búscase reducir o impacto medioambiental dos colexios e institutos
A Xunta informa ao concello de Cariño do procedemento para instalar gaiolas-trampa para o xabaril no núcleo urbano do municipio
A directora xeral de Patrimonio Natural respondeu onte a un escrito da alcaldesa no que se interesaba pola posibilidade de recorrer a este método de captura ante a presenza de exemplares deste animal en certos puntos do municipio
Preto de 450 voluntarios limparán nos próximos días 26 praias no marco da campaña apoiada pola Xunta ‘1m2 polas praias e os mares’
Esta nova campaña de recollida de residuos, enmarcada no proxecto Libera, dará comezo mañá e estenderase ata o día 24 deste mes
A Xunta declarará a emerxencia cinexética temporal en 37 comarcas para controlar a poboación do xabaril
A medida, que afecta a 248 concellos e abrangue o 80,7 % da superficie galega, entrará en vigor este sábado e manterase ata o 25 de febreiro de 2024