Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 520 novas da área temática Igualdade:

02/03/2023 | 12:42 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destina 33.000 euros á asociación Acropos para a atención e apoio ás persoas xordas

O Goberno galego concede esta axuda a través da orde con cargo ao 0,7% do IRPF e está destinada a programas de rehabilitación logopédica e atención a familias

02/03/2023 | 12:26 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A filmoteca de Galicia celebra durante todo marzo o Día da Muller con 35 sesións de dirección feminina

Constitúen a meirande parte da carteleira da cinemateca da Xunta para este mes, no que arrancan as retrospectivas da realizadora húngara Márta Mészáros e da xaponesa Kinuyo Tanaka e se lle dedica un especial á alemá Helena Wittmann

01/03/2023 | 19:01 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Galicia destaca na loita contra a trata ao contar cun plan autonómico específico e considerar ás mulleres afectadas como vítimas da violencia de xénero

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou hoxe nas xornadas ‘A escravitude silenciada’ na Facultade de Psicoloxía de Santiago

01/03/2023 | 13:11 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta achega a través da exposición ArteNon a mirada crítica de doce ilustradoras en torno á violencia de xénero

A exposición está composta por doce pezas gráficas materializadas na forma da palabra NON e acompañadas dunha referencia biográfica de cada unha das artistas xunto cunha sinopse da obra

28/02/2023 | 18:30 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Lorenzana reforza o compromiso da Xunta coa igualdade e lembra que Galicia está á vangarda dos apoios á conciliación e ao benestar laboral

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, e o delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, participaron na xornada organizada polo Goberno galego con motivo do Día europeo para a igualdade salarial

28/02/2023 | 13:56 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta dá a benvida á nova mesa de Avión contra a violencia de xénero e insiste en que a coordinación é clave para mellorar a resposta ás vítimas

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou hoxe na sesión de constitución da mesa local contra a violencia de xénero do Concello de Avión

25/02/2023 | 15:23 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Sanidade
24/02/2023 | 14:45 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Os deseños de escolares de centros da Coruña, Baiona, Pontevedra, Bueu, Cambados e Lugo gañan o concurso de carteis da Xunta polo 8-M

O xurado destaca a alta participación, xa que nesta edición presentaron os seus traballos case un centenar de centros educativos

24/02/2023 | 12:18 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A futura lei autonómica de igualdade incidirá na incorporación da perspectiva de xénero nas políticas medioambientais para impulsar a sustentabilidade

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou hoxe na inauguración do II Congreso Súmate ao cambio sustentable organizado polas Empresarias e Directivas do Atlántico (EDA)

21/02/2023 | 16:49 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Lorenzana destaca o necesario vencello entre Xunta e concellos para impulsar o emprego e a igualdade nun encontro mantido co alcalde de Cerdedo-Cotobade

A Administración autonómica destinou 1,4M€ a actuacións de promoción da igualdade e de impulso á conciliación no Concello, ás contratacións no eido local e ao mantemento do Centro de Información á Muller da Lama que presta servizo a este municipio