Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 884 novas da área temática Agricultura e gandería:

13/10/2023 | 16:02 | C. do Medio Rural

A Xunta fomenta as permutas de especial interese agrario con axudas para o pago de gastos notariais

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución pola que se amplía o prazo de solicitude ata o 16 de novembro

11/10/2023 | 18:37 | C. do Medio Rural

A Xunta declara un novo foco de enfermidade hemorráxica epizoótica nunha explotación bovina do concello lugués de Xermade

As principais medidas de prevención para esta enfermidade, que continúa a súa expansión por todo o territorio da Península, consisten fundamentalmente en evitar a exposición dos bovinos ao mosquito vector transmisor da enfermidade

11/10/2023 | 16:10 | C. do Medio Rural; C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta organiza a terceira edición de Alma Rural para poñer en valor a contribución do colectivo feminino ao desenvolvemento do agro galego

O evento, promovido pola Consellería do Medio Rural en colaboración coa Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, celebrarase este sábado no pazo de Xerlís, no concello pontevedrés da Estrada, na véspera do Día internacional das mulleres rurais

09/10/2023 | 12:30 | C. do Medio Rural

A Xunta concede máis de 1,4 M€ en axudas para a produción e comercialización de produtos apícolas

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución dos beneficiarios destas subvencións para o sector apícola, un total de 25

07/10/2023 | 14:10 | C. do Medio Rural

A Xunta pon en valor o uso do galego na etiquetaxe de produtos alimentarios como sinónimo de excelencia e calidade

José González destacou a importancia do uso do galego no mundo empresarial, especialmente no agroalimentario pola súa proxección internacional

06/10/2023 | 15:14 | C. do Medio Rural

A Xunta constata os avances da construción do banco de xermoplasma no centro de investigacións agrarias de Mabegondo

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, visitou o centro de Abegondo e reuniuse co alcalde, José Antonio Santiso

06/10/2023 | 14:59 | C. do Medio Rural

A Xunta destaca que a rendibilidade da gandaría de leite a partir de prezos e beneficios estables é o fundamento da súa sustentabilidade e o garante do relevo xeneracional

José González sinalou que “non hai industria sen leite” e que as explotacións teñen que ser rendibles para funcionar

06/10/2023 | 12:33 | C. do Medio Rural

A Xunta remata a parcelaria de San Vitoiro-Urrós, no concello ourensán de Allariz, tras reorganizar unha superficie de 445 hectáreas

José González resaltou que esta actuación permitiu reordenar máis de 5.000 parcelas en 1.372 predios, case que cuadriplicando o tamaño medio das parcelas ao pasar de 884 metros cadrados a máis de 3.110

04/10/2023 | 19:13 | C. do Medio Rural

A Xunta declara catro novos focos de enfermidade hemorráxica epizoótica en explotacións bovinas das provincias da Coruña e Ourense

As principais medidas de prevención para esta enfermidade, que continúa a súa expansión por todo o territorio da Península, consisten fundamentalmente en evitar a exposición dos bovinos ao mosquito vector transmisor da enfermidade

04/10/2023 | 16:04 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. do Medio Rural

Reguera convida a participar na campaña Outono Gastronómico no turismo rural nun acto en Caldas de Reis

A campaña conta con 16 establecementos pontevedreses adheridos dun total de 79 en toda Galicia