Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.292 novas da área temática Sanidade:

23/01/2024 | 12:15 | C. de Sanidade

O Sergas finaliza a fase de oposición de enfermería e de diversas clases de persoal funcionario sanitario da escala de saúde pública e administración sanitaria

Ofértanse un total de 1.556 prazas na categoría de enfermería e 96 en diversas clases de persoal funcionario da escala de saúde pública

22/01/2024 | 13:54 | C. de Sanidade

O conselleiro de Sanidade reúnese coa rede de nodos de innovación sanitaria para abordar as actividades durante o presente ano

Na xuntanza, falouse da nova edición dos Premios de innovación en saúde, impulsados pola Rede, coa publicación no Diario Oficial de Galicia de hoxe das bases e convocatoria da súa IV edición

22/01/2024 | 09:59 | C. de Sanidade

O 061 de Galicia asistiu 60 persoas por 51 accidentes de tráfico durante a fin de semana

Desde as 15,00 horas do venres, 19 de xaneiro ata as 23,59 horas do domingo, 21 de xaneiro, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 63 chamadas por accidentes de tráfico

20/01/2024 | 12:20 | C. de Sanidade

O Sergas inicia o proxecto europeo “Coido da miña diabetes” co obxectivo de mellorar a calidade de vida das persoas que padecen esta enfermidade

Un total de 17 pacientes con diabetes participarán neste programa que foi considerado como unha “boa práctica en saúde” por parte da Comisión Europea, e que será replicado por 12 países

19/01/2024 | 17:48 | C. de Sanidade

A Xunta garante aos alcaldes e alcaldesas da comarca do Carballiño o mantemento das dúas prazas de pediatría coas que conta o seu centro de saúde

Comesaña informou hoxe aos representantes municipais e da Plataforma pola defensa da Sanidade do Carballiño que unha destas prazas será cuberta de xeito inminente, mentres que a segunda delas está á espera de ser asignada

19/01/2024 | 13:57 | C. de Sanidade

O conselleiro de Sanidade convida ao estudantado galego a tomar parte nos concursos de carteis e curtametraxes sobre a doazón e os transplantes de órganos

Ao longo do acto, Julio García Comesaña, deu a coñecer a convocatoria de iniciativas educativas para promover a doazón de órganos, tecidos e medula ósea destinados aos estudantes galegos dos distintos niveis formativos

17/01/2024 | 14:21 | C. de Sanidade

O Sergas publica o lugar, data e hora de realización dos exercicios da oposición para o ingreso en diversas categorías de persoal estatutario

Están convocadas 20.515 persoas aspirantes aos exames que se realizarán no Recinto da Feira Internacional de Galicia, en Silleda, os días 3, 4 e 10 de febreiro

17/01/2024 | 12:29 | C. de Sanidade

O Sergas realizou 331 transplantes en 2023

A nosa comunidade continúa cunha taxa de doazón que supera os 40 doantes por cada millón de habitantes, cifra recomendada pola Organización Nacional de Transplantes