Actualidade
Buscador de novas
A Xunta rematará en xuño a mellora da potabilizadora da Laracha, que permitirá incrementar a capacidade de bombeo nun 50% e do depósito nun 130% cun investimento de 1,8 M€
Vázquez Mourelle sinala que o obxectivo é solucionar os problemas de presión nalgunhas zonas e mellorar a capacidade para ser máis resilientes en períodos de escaseza, ademais de permitir abastecer, no futuro, tamén ao parque empresarial do municipio
A Xunta convoca as probas para obter o certificado de aptitude profesional para exercer como condutor de transporte de mercadorías ou de viaxeiros por estrada
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade realizará en 2024 un total de 8 convocatorias de exames de distintas categorías
A Xunta mellorará o firme na estrada AC-261 ao paso polos concellos de Boqueixón e de Santiago
Esta intervención, adxudicada por un importe de máis de 43.000 euros, comezará nas vindeiras semanas
A Xunta avanza nos grandes eixes de comunicación, nas actuacións de mobilidade e na conservación das estradas para reforzar a seguridade viaria e a vertebración de Galicia
Menéndez subliña que a extensión da rede de vías de altas prestacións contribúe a reducir os tempos de viaxe, ao equilibrio territorial e a aumentar a seguridade viaria
Licitadas por case 20 M€ as obras da terminal de autobuses e do aparcadoiro subterráneo da estación intermodal de Lugo
Rueda anuncia que contan cun prazo de execución de 25 meses e o Goberno galego achegará un investimento de 12,8 M€
A Xunta mellorará a seguridade viaria da estrada autonómica PO-308 no cruce da rúa Progreso coa rúa dos Cesteiros, no concello de Sanxenxo
A intervención, cun investimento de case 50.000 €, consistirá en regular con semáforos os xiros á esquerda desde a rúa dos Cesteiros cara á rúa Progreso, sen que supoña retencións no tráfico cara á Lanzada e a autovía do Salnés
A Xunta achega 35.000 euros ao concello de Chantada para mellorar o parque infantil da alameda
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, comprobou hoxe o resultado das obras de ampliación do espazo de xogos, que contaron co apoio da Vicepresidencia primeira a través da orde de axudas para infraestruturas municipais
A Xunta publica no DOG os actos expropiatorios para a construción do novo Hospital público da Coruña
As expropiacións, que suporán un investimento de 17 M€, permitirán seguir avanzando neste proxecto declarado de interese autonómico que permitirá a execución do Novo CHUAC
A Xunta inicia as obras dun novo valo de cerramento en distintos treitos da autovía Ferrol-Vilalba, ao seu paso polo concello de Narón
O obxectivo desta intervención, cun orzamento de preto de 50.000 euros, é facilitar os traballos de conservación na AG-64 vinculados coa roza de especies invasoras e pirófitas e evitar danos no propio valo
Ethel Vázquez reclama que o Goberno de España complete a renovación das infraestruturas e reforme a xestión dos servizos do ferrocarril galego para que teña futuro
Vázquez Mourelle salienta o carácter fundamental que ten para Galicia o ferrocarril, que é, tamén, motivo de preocupación común por mor da degradación dos servizos