Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 520 novas da área temática Igualdade:

07/03/2023 | 15:35 | C. de Facenda e Administración Pública; Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

O emprego no sector tecnolóxico crece máis entre as mulleres que entre os homes en Galicia ata alcanzar as preto de 9.000 empregadas

Os datos do IGE analizados polo Observatorio da Información e a Modernización de Galicia indican que o emprego feminino medrou en 2022 un 5,5%, fronte ao 5% no caso dos homes

07/03/2023 | 14:10 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta inviste preto de 20.000 € en axudas para implantar a igualdade laboral e a conciliación en negocios de Ferrolterra

Un total de cinco empresas da comarca resultaron adxudicatarias no 2022 destas achegas da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade destinadas a micropemes, pemes e persoas traballadoras con persoal contratado

07/03/2023 | 12:32 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta entrega o primeiro certificado de calidade á residencia pública autonómica de Porta do Camiño

Estenderase a todas as residencias da rede pública autonómica e permite garantir a calidade, a profesionalidade e a eficiencia dos centros en base a normas e estándares internacionaisNestes momentos, ademais da residencia de Porta do Camiño, contan con esta certificación a residencia pública autonómica da Estrada e a das Gándaras, en Lugo
 

07/03/2023 | 11:16 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Emprego, Comercio e Emigración

Trenor anima ás pemes a solicitar as axudas de 1,4 M€ para promover a igualdade laboral, a conciliación e a responsabilidade social empresarial entre o tecido produtivo galego

Esta orde recolle apoios de ata 9.000 € para medidas de flexibilidade horaria ou de fomento do teletraballo e de ata 20.000 € para financiar o investimento necesario para garantir o traballo en remoto

06/03/2023 | 14:46 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta reforza a aposta pola igualdade desde as aulas con dous novos proxectos educativos vinculados á figura de Emilia Pardo Bazán e ao cinema

Román Rodríguez destaca o “salto cualitativo” da última década en materia de igualdade no eido educativo, como se reflicte nos resultados do último informe PISA

03/03/2023 | 14:05 | C. de Política Social e Igualdade
03/03/2023 | 13:38 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Lorenzana sinala á mocidade como motor da igualdade para construír unha sociedade máis xusta ante a conmemoración do 8-M

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, clausurou hoxe en Santiago de Compostela o acto de entrega de premios dos carteis escolares do concurso do 8-M, o Día Internacional da Muller