Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 476 novas da área temática Forestal:

14/02/2023 | 17:34 | C. do Medio Rural

A Xunta construirá unha base de unidade operativa antiincendios en Muíños cun investimento duns 400.000 € e usando madeira de piñeiro e castiñeiro

O conselleiro do Medio Rural presentou este proxecto, que se enmarca nos plans da Xunta para os puntos de encontro das brigadas e que concentrarán a partir de agora tamén outros traballadores do servizo como condutores de motobombas ou axentes

14/02/2023 | 12:33 | C. do Medio Rural

A Xunta destaca que a provincia de Ourense aglutina preto do 58% da superficie total que está sendo mobilizada a través dos polígonos agroforestais

Na actualidade, xa son 21 os polígonos agroforestais en distintas fases de actuación existentes na nosa comunidade, dos cales 15 se atopan na provincia de Ourense

14/02/2023 | 10:26 | C. do Medio Rural

Extinguido o incendio forestal rexistrado no concello coruñés de Carnota, parroquia de Lariño

Segundo as últimas medicións, o lume afectou 124,24 hectáreas, das cales 102,6 foron de monte raso e as 21,64 restantes de arborado

13/02/2023 | 18:19 | C. do Medio Rural

Extinguido o incendio forestal rexistrado no concello ourensán da Gudiña, parroquia de Pentes

Segundo as últimas medicións, o lume afectou 65 hectáreas, das cales 47 foron de monte raso e o resto de monte arborado

13/02/2023 | 16:24 | C. do Medio Rural

Controlado o incendio forestal rexistrado no concello ourensán da Gudiña, parroquia de Pentes

Segundo as últimas medicións, o lume afecta arredor dunhas 65 hectáreas, a maior parte delas de monte raso

13/02/2023 | 13:52 | C. do Medio Rural

Estabilizado un incendio forestal no concello ourensán da Gudiña, parroquia de Pentes, que se orixinou en tres focos e que afecta unhas 50 ha provisionais

Continúa controlado o incendio do municipio coruñés de Carnota, parroquia de Lariño, con arredor de 125 hectáreas de afectación, a maior parte delas de monte raso

13/02/2023 | 13:34 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. do Medio Rural

O Plan Conecta FP fixa o sector forestal como un dos prioritarios para aumentar os 2000 alumnos actuais

Preto de 300 persoas entre representantes empresariais e dos centros de FP analizan os retos de futuro nun ámbito que supón ao redor do 1,6% do PIB en Galicia

13/02/2023 | 12:36 | C. do Medio Rural

A Xunta prorroga o convenio de protección das aldeas, dotándoo cun orzamento adicional de 13,5 millóns de euros

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución da Consellería do Medio Rural pola que prorroga este convenio dados os bos resultados obtidos ata o momento, xa que a superficie xestionada nas faixas secundarias pasou de representar a metade do total en 2019 a superar o 70 % neste ano 2022

13/02/2023 | 11:58 | C. do Medio Rural

Controlado o incendio forestal rexistrado no concello coruñés de Carnota, parroquia de Lariño

Segundo as últimas medicións, o lume afecta arredor dunhas 125 hectáreas, a maior parte delas de monte raso

13/02/2023 | 09:47 | C. do Medio Rural

Estabilizado un incendio forestal rexistrado no concello coruñés de Carnota, parroquia de Lariño

Segundo as últimas estimacións, o lume afecta arredor dunhas 70 hectáreas provisionais