Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 859 novas da área temática Economía:

13/09/2023 | 14:42 | A Presidencia da Xunta

Rueda defende a aposta das empresas galegas pola innovación sen renunciar a tradición como oportunidade para reforzar o tecido económico

Enxalza as empresas punteiras que arriscan e apostan pola “cultura do esforzo e do emprendemento” sen esquecer as orixes pola súa contribución á construción dunha “Galicia estable e de futuro”
 

13/09/2023 | 14:41 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O delegado territorial participa na presentación da Feira do Moble de Galicia e destaca a boa fama deste sector a nivel nacional

Durante os próximos catro días espérase que pasen polo recinto ferial da Estrada un gran número de persoas entre particulares, empresarios e expositores

13/09/2023 | 12:36 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca a aposta de CLUN por investir en I+D+i e por modernizar as súas plantas

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, reuniuse co presidente e máis co director da cooperativa para coñecer os seus plans de crecemento

12/09/2023 | 14:16 | C. de Economía e Industria

A Xunta empregará a compra pública de innovación no sector da enerxía e a industria para impulsar o hidróxeno verde e as renovables mariñas

Este programa vai enfocado a impulsar a actual plataforma experimental de Punta Langosteira e ao desenvolvemento de solucións innovadoras ao redor da cadea de valor do hidróxeno verde

11/09/2023 | 13:04 | C. de Economía e Industria

Lorenzana salienta o impulso ao hidróxeno renovable en Galicia a través da colaboración público-privada

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, participou na sinatura do convenio entre o proxecto Julio Verne do Porto de Vigo e a Federación Galega de Estacións de Servizo (Fegaes)

08/09/2023 | 19:10 | C. de Economía e Industria

A Xunta e a Asociación de empresarios do Tambre cooperan para atraer novas iniciativas cara a este parque industrial

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, reuniuse esta tarde co presidente da Asociación Área Empresarial do Tambre, José Fernández Alborés, e outros responsables da entidade

08/09/2023 | 14:52 | C. do Medio Rural

A Xunta reafirma a súa aposta pola industria forestal-madeira e prevé que este sector acade o seu récord de facturación no 2022

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria salientou que a oferta formativa de Medio Rural increméntase ano a ano e, no que atinxe ao ensino regrado, supón un total de 328 prazas no presente curso académico, cunha suba do 9 % sobre o anterior