Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.292 novas da área temática Sanidade:

30/01/2024 | 14:19 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. de Sanidade

A Xunta propón ao Concello de Santiago un marco xeral de colaboración para crear 1000 prazas de aparcamento no Hospital Clínico e estender o saneamento ao rural

A mellora da mobilidade e a integración urbana en torno ao hospital pasa pola elaboración dun Proxecto de Interese Autonómico, coa implicación do Concello, que servirá de base para dispoñer dun aparcadoiro xunto ao hospital e para humanizar o ámbito
 

30/01/2024 | 14:06 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. de Sanidade

A Xunta formaliza o contrato dos accesos do novo Hospital Público da Coruña, adxudicado por máis de 22 M€

O obxectivo é dotar ao Novo CHUAC duns accesos máis funcionais, sinxelos e integrados que faciliten a entrada aos distintos servizos e ao aparcadoiro, así como o funcionamento do complexo durante as obras

30/01/2024 | 11:01 | C. de Sanidade

Iníciase a toma de posesión dos médicos de familia de atención primaria seleccionados no proceso selectivo de estabilización por concurso de méritos

Resultan seleccionados, con praza fixa sen exame, 42 profesionais médicos de familia de atención primaria, que xunto cos 64 facultativos especialistas de atención primaria que iniciaron onte a toma de posesión, permite incorporar a 106 médicos fixos en atención primaria

29/01/2024 | 16:08 | C. de Sanidade

A Xunta demanda ao Goberno de España que deixe de recorrer ao Sergas para cubrir as súas carencias de persoal nas prisións galegas

O Servizo Galego de Saúde elabora un protocolo para establecer que os profesionais da sanidade pública galega só atenderán demandas de visita á prisión en casos de emerxencia

29/01/2024 | 13:43 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Sanidade

Educación e Sanidade impulsarán a FP no ámbito sanitario a través de ciclos de dual con prácticas no Sergas e proxectos de innovación

O acordo inclúe o fomento dos procesos de recoñecemento de competencias e de actualización dos docentes
 

29/01/2024 | 13:18 | C. de Sanidade

A Xunta presenta en Pontevedra a IV Edición dos Premios de innovación en saúde

O conselleiro de Sanidade indica que a finalidade dos premios é incentivar as ideas de innovación dos profesionais sanitarios, así como as dos pacientes e as súas asociacións

29/01/2024 | 10:32 | C. de Sanidade

O 061 de Galicia asistiu 78 persoas por 60 accidentes de tráfico durante a fin de semana

Desde as 15,00 horas do venres, 26 de xaneiro ata as 23,59 horas do domingo, 28 de xaneiro, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 67 chamadas por accidentes de tráfico
 

28/01/2024 | 12:57 | C. de Sanidade

A Xunta axusta o uso da máscara e limita a súa obrigatoriedade aos servizos de Urxencias

A partir do martes da vindeira semana, só será obrigatoria nos servizos de urxencias, nos PACs e nos servizos nos que haxa pacientes inmunodeprimidos

27/01/2024 | 13:01 | C. de Sanidade

Cerca de 10.000 profesionais do Sergas acadan un novo grao de carreira profesional na convocatoria do ano 2023

O persoal facultativo especialista investigador dos programas Río Hortega e Juan Rodés poderán acceder de forma inmediata ao sistema de carreira profesional

26/01/2024 | 20:03 | C. de Sanidade

O conselleiro de Sanidade destaca o labor da Real Academia de Medicina de Galicia a prol da docencia, da investigación e da divulgación científica

Así o sinala Julio García Comesaña, no acto de inauguración do curso académico 2024 desta institución