Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 476 novas da área temática Forestal:

20/02/2023 | 17:16 | C. do Medio Rural

Extinguido o incendio forestal rexistrado no concello ourensán da Gudiña, parroquia de Barxa

Segundo as últimas medicións, o lume afectou unha superficie de 25 hectáreas, todas elas de monte raso

20/02/2023 | 12:59 | C. do Medio Rural

Controlado o incendio forestal rexistrado no concello ourensán da Gudiña, parroquia de Barxa

Segundo as últimas medicións, o lume afecta unha superficie provisional de 24 hectáreas

20/02/2023 | 10:42 | C. do Medio Rural

Activo un incendio forestal rexistrado na parroquia de Barxa, na Gudiña (Ourense)

Segundo as últimas medicións, o lume afecta unha superficie provisional de 24 hectáreas

19/02/2023 | 11:48 | C. do Medio Rural

Extinguido un incendio forestal no concello ourensán de Lobios, parroquia de Araúxo, que segundo as últimas medicións afectou 1,9 ha do Parque Natural do Xurés

A afectación total do lume foi de 2,4 hectáreas e dentro do espazo natural a maior parte foi de monte raso (1,5 hectáreas) e o resto de arborado (0,4 ha)

17/02/2023 | 12:05 | C. do Medio Rural

A Xunta convoca hoxe 9 M€ en axudas para investimentos en tecnoloxías e maquinarias forestais co gallo de impulsar aproveitamentos como o da resina

O DOG publica hoxe estas achegas, que se enmarcan na Axenda de impulso da industria forestal-madeira e que están destinadas a investimentos en tecnoloxías forestais, procesamento, mobilización e comercialización de produtos

16/02/2023 | 18:01 | C. do Medio Rural

A Xunta destina este ano máis de 18 M€ ao plan de actuacións para a recuperación da terra agraria

O Plan establece unha serie de obxectivos específicos concretados en cinco eixes estratéxicos e divididos en 37 propostas de actuación

16/02/2023 | 13:29 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias destaca a repoboación forestal dos montes de Vigo e as oportunidades laborais xeradas a través dos obradoiros de emprego

A delegada territorial da Xunta visitou en San Andrés de Comesaña aos participantes no II Obradoiro Forestal organizado pola Mancomunidade de Montes de Vigo

15/02/2023 | 12:23 | C. do Medio Rural

A Xunta participa no proxecto LIFE-Silfore para a mellora dos bosques galegos

Trátase dunha colaboración entre a Axencia Galega da Calidade Alimentaria, o Instituto Vasco de Investigación e Desenvolvemento Agrario, o Instituto Politécnico de Bragança, o Servicio Regional de Investigación y Desarrollo Agroalimentario de Asturias e a Universidade de Santiago de Compostela

15/02/2023 | 10:37 | C. do Medio Rural

A Xunta concede case 1,5 M€ a máis de 40 empresas no marco das subvencións para investimentos en ecoinnovación e dixitalización da industria forestal-madeira

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da Axencia Galega da Industria Forestal, dependente da Consellería do Medio Rural, coas solicitudes concedidas ao abeiro da convocatoria de 2022