Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 561 novas da área temática Deporte:

08/05/2023 | 13:21 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Secretaría Xeral para o Deporte

A Xunta ten aberto o prazo para solicitar as axudas para equipamento de deporte adaptado ata o 26 de maio

Esta nova orde de subvencións, financiada con fondos europeos Next Generation, contan cun crédito orzamentario de preto de 227.000 euros
 

06/05/2023 | 12:00 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
05/05/2023 | 19:01 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta pon en valor os éxitos do motociclismo galego con nomes referentes a nivel internacional e a organización de eventos como o Mundial de Enduro

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes participou na primeira xornada da segunda proba do Campionato Mundial EnduroGP en Lalín

05/05/2023 | 16:09 | A Presidencia da Xunta; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta lamenta o pasamento de Arsenio Iglesias, “un home que levou o noso fútbol ao máis alto e que conquistou o corazón de todos os galegos”

Arsenio Iglesias Pardo foi unha das primeiras persoas que recibiron, da man do expresidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, a Distinción ao Mérito Deportivo de Galicia, concedidas por vez primeira en 2011

05/05/2023 | 14:10 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica hoxe unha nova convocatoria de axudas á compra de bicicletas eléctricas e de pedaleo asistido para cadeiras de rodas, que poden solicitarse desde o 1 de xuño

Vázquez Mourelle explica que esta convocatoria, para os anos 2023 e 2024, ten un orzamento de 1,7 M€ para continuar co fomento da adquisición de bicicletas eléctricas

04/05/2023 | 18:27 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Secretaría Xeral para o Deporte

Galicia volve ser epicentro do motociclismo coa proba do Mundial de Enduro de Lalín desta fin de semana

Unhas semanas despois da proba do mundial de TrialGP en Arteixo, Lalín acollerá a segunda proba do circuíto mundial de enduro cuns 230 deportistas dos que 21 serán galegos

03/05/2023 | 15:11 | A Presidencia da Xunta; Secretaría Xeral para o Deporte

Rueda felicita o Celta Zorka Recalvi de baloncesto feminino polo seu regreso á máxima categoría

Salienta o potencial deste deporte en Galicia con tres equipos galegos na primeira división nacional