Actualidade
Buscador de novas
A Xunta investirá arredor de 1 M€ na rehabilitación do Colexio CEIP Pérez Viondi da Estrada
O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, visita o centro e destaca que a actuación se suma á ampliación realizada hai unha década por 2 M€
A Xunta executará na primavera a mellora do firme nas estradas AC-414 e AC-400 no concello de Carballo, que suporán un investimento de 763.000 euros
Francisco Menéndez amosa a determinación de actuar no treito da AC-414 formado por 2 tramos antigos da AC-418, ante a falta dunha proposta de colaboración do Concello para asumir a titularidade desta vía, de carácter eminentemente local
A Xunta adxudicará nas vindeiras semanas as obras de urbanización que permitirán ampliar en preto de 220.000 M2 o polígono industrial das Gándaras
Ángeles Vázquez explica que os traballos para acondicionar as 3 novas fases desta área empresarial comezarán a comezos de 2024 e garantirán a posta á disposición das empresas da zona de 38 parcelas de uso industrial e con todos os servizos
A Xunta somete a información pública o proxecto de mellora de 62 paradas de autobús en estradas autonómicas nas rutas de acceso a Santiago, que suporá un investimento de máis de 1 M€
As obras levaranse a cabo nas paradas situadas en vías autonómicas ao paso polos concellos de Boiro, Carnota, Dodro, Muros, Noia, Outes, Porto do Son, Rianxo, Ribeira e A Pobra do Caramiñal
A Xunta adxudica por 1 M€ a execución das obras da nova senda na estrada PO-546 no treito urbano de Marín
Dáselle continuidade á humanización desta vía, actuando entre as rúas da Estrada e da Roda e nas rúas Concepción Arenal e da Ponte
A Xunta pídelle ao concello de Lugo que achegue a documentación técnica do acordo coa confederación do Miño-Sil que permita avanzar no plan Paradai
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, informou hoxe do estado do proxecto ao presidente da asociación de veciños do barrio, Christian Fernández
A Xunta investiu máis de 600.000 € na mellora da vía autonómica LU-113 dende Rozas ata o final da travesía de Castro, no concello de Castro de Rei
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que se renovou o pavimento e a sinalización horizontal nos seis quilómetros polos que discorre este treito
A Xunta licita a redacción dos pregos dos contratos de conservación ordinaria e vialidade invernal nos 5.500 km da rede de estradas autonómicas para os vindeiros anos
Definiranse os pregos técnicos que rexerán as condicións dos novos contratos destes servizos, que permiten unha vixilancia e control das vías, ademais dun servizo especializado nas actuacións de rehabilitación nas pontes e obras de paso
A Xunta incrementa ata os 53 M€ o investimento destinado á conservación das estradas e pide un esforzo similar ás demais administracións no mantemento das vías
Os datos amosan que o número de falecidos en accidentes de tráfico no que vai de 2023 foron 75, isto é, 3 menos que no mesmo período do ano anterior
As obras de conservación da rotonda elevada de Sabón farán necesario o corte deste tramo da AC-551 en Arteixo na xornada do venres e ata primeira hora do sábado
Procederase á substitución das xuntas de dilatación desta infraestrutura, no marco dos traballos de conservación da rede viaria de titularidade da Xunta