Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.053 novas da área temática Emprego:

04/12/2023 | 14:45 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta remata a 2ª edición do programa de mentorización para a consolidación da economía social aumentando en máis dun 50% a rede de persoas mentoras

A conselleira de Promoción do Emprego e igualdade, Elena Rivo, clausurou o acto de presentación de resultados do segundo ano que cumpre a iniciativa, na que están implicadas Agaca e Espazocoop

04/12/2023 | 11:49 | C. de Emprego, Comercio e Emigración
01/12/2023 | 15:56 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta clausura o programa integrado de emprego de Outeiro de Rei e achega 220.000 euros para iniciar outro

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que a nova edición conta coa participación dos mesmos concellos, vai dirixida a 100 persoas desempregadas e ten como destinatarias prioritarias ás mulleres

01/12/2023 | 12:19 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Rivo salienta que a aposta pola responsabilidade social empresarial cimenta un futuro sustentable da man de empresas responsables

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, inaugurou hoxe o acto de entrega do selo ás empresas que participaron na 3ª edición do programa Responsabilízate co que a Xunta apoia ás pemes a implantar a RSE na súa xestión

01/12/2023 | 10:18 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta cualifica o Centro Especial de Emprego de Stellantis Vigo en beneficio de preto dunha vintena de traballadores con discapacidade

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade vén de inscribir a iniciativa da factoría automobilística no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia, do que forman parte xa 129 entidades

30/11/2023 | 17:53 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon en valor en Futurgal as case mil persoas atendidas pola Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego para xerar riqueza e fixar poboación

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, participou en Ourense no ‘Futurgal Summit 2023’, onde salientou que a Rede de polos foi destacada como boa práctica pola Unión Europea de cara á súa réplica noutras rexións

30/11/2023 | 16:28 | A Presidencia da Xunta

Rueda compromete o apoio do Goberno galego ao sector do metal para potenciar o seu crecemento e diversificación con actividades como a eólica mariña

Asegurou que o tecido económico contará coa man tendida do Goberno autonómico, ao poñer como exemplo a inauguración o vindeiro ano da Oficina Económica de Galicia para “centralizar todos os trámites que correspondan coa Xunta”

30/11/2023 | 15:39 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Rivo agradece ao Consello Económico Social e ao tecido produtivo a súa contribución para facer de Galicia unha terra de oportunidades na que vivir e traballar

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, participou nun xantar-coloquio entre o presidente do Consejo Económico y Social de España e representantes do tecido produtivo, organizado pola Confederación de Empresarios

30/11/2023 | 13:13 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Emprego, Comercio e Emigración

Trenor anuncia o inicio das obras de mellora da oficina de emprego de Monelos que suporán un investimento de máis dun millón de euros

O delegado da Xunta puxo en valor o traballo do persoal deste centro da Coruña por atender o maior número de persoas demandantes de emprego de entre todos os de Galicia