Actualidade
Buscador de novas
A Xunta destina 250.000 euros en axudas a preto de 130 explotacións apícolas en zonas afectadas polos incendios do ano pasado
Estas achegas están destinadas a paliar as perdas de produción apícola derivadas da situación de emerxencia, cun pagamento por colmea declarada en asentamentos dos concellos afectados
A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural contará en 2024 cun 11,4% máis de orzamento para continuar avanzando na mobilización, planificación e dinamización do rural
Xa o ano pasado a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural aumentara un 21% o seu importe para os orzamentos do 2023 con respecto ao ano anterior
A Xunta detecta dous novos casos de aves silvestres afectadas por gripe aviaria na Coruña e Ribadeo
A detección realizouse no marco do Plan de vixilancia que desenvolve a Xunta e non vai afectar á valoración favorable do risco respecto á influenza aviaria que recentemente realizou o Goberno central
A Xunta promociona no Gastronomic Forum Barcelona a singularidade e diferenciación dos produtos alimentarios galegos baixo a marca Galicia Calidade
26 empresas e produtores representantes da industria alimentaria galega e amparados polos selos de calidade de DO ou IXP, participan través do stand de Galicia Calidade, froito do esforzo conxunto do goberno autonómico
A Xunta reforza a súa aposta pola campaña Come Local para promover os produtos agroalimentarios galegos con selo de calidade nos comedores escolares
A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega de Calidade Alimentaria, e en colaboración coas consellerías de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, e a de Sanidade, impulsa esta iniciativa en comedores escolares de Galicia
A Xunta declara a firmeza do acordo da concentración parcelaria de Santa Baia de Losón, en Lalín, que reorganizará unha superficie de 693 hectáreas
Este proceso permitirá reordenar 3.152 parcelas en 945 predios, triplicando o tamaño medio das parcelas ao pasar de 2.198 metros cadrados a 7.333
A Xunta convoca 4 millóns de euros para o fomento da utilización de instalacións e equipamentos en común en réxime asociativo
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as bases reguladoras para a concesión destas achegas, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER)