Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 15.044 novas:

08/07/2024 | 14:16 | C. de Sanidade

Os Servizos de Inspección Veterinaria de Pontevedra, primeiros en España en facerse coa acreditación ENAC polo seu labor no eido da seguridade alimentaria

Galicia é a primeira comunidade autónoma en acadar este recoñemento no ámbito agroalimentario e, en concreto, no ámbito da seguridade alimentaria

08/07/2024 | 14:10 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Belén do Campo anuncia a licitación da renovación integral do IES Salvador de Madariaga cun investimento de máis de 1,7 M€

A delegada da Xunta destacou que a actuación inclúe a renovación das cubertas, a substitución de carpinterías e a reparación das fachadas para mellorar a eficiencia enerxética e o confort de toda a comunidade educativa

08/07/2024 | 14:08 | A Presidencia da Xunta; C. de Facenda e Administración Pública; C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Rueda destaca o compromiso da Xunta de converter o Teatro Fraga de Vigo nun centro cultural pioneiro e referente no noroeste español

O presidente salienta o acordo entre o Goberno autonómico e a Deputación de Pontevedra para adquirir este inmoble por 9,3 M€

08/07/2024 | 13:59 | C. do Medio Rural; A Presidencia da Xunta

Belén do Campo anima ás cooperativas a solicitar as axudas para a adquisición de maquinaria en común que ascenden a máis de 4 millóns de euros

A representante do Goberno autonómico destacou que os principais obxectivos destas achegas son promover o uso da maquinaria en réxime asociativo e fomentar a introdución de novas tecnoloxías no seu emprego, así como mellorar en seguridade e aforro enerxético

08/07/2024 | 13:15 | C. do Mar

A Xunta reforza a innovación, a mellora tecnolóxica e a competitividade da acuicultura galega con máis de 800.000 euros

Hoxe foi publicada no DOG a Orde de axudas que están dirixidas a financiar proxectos de I+D+i que implican a introdución de tecnoloxías que permitan incrementar a produción atendendo a criterios de sustentabilidade da actividade

08/07/2024 | 13:03 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta salienta que Galicia se consolida como unha comunidade innovadora en materia de cartografía tras desenvolver preto de 90 actividades neste eido en 2023

Ángeles Vázquez subliña que estes datos supoñen unha información básica e necesaria para dar resposta a numerosas cuestións de xestión e planificación en materias vinculadas ao territorio, como o urbanismo, as infraestruturas ou a xestión ambiental

08/07/2024 | 12:01 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez supervisa o proceso de matrícula gratuíta nas universidades públicas galegas para asegurar o seu correcto funcionamento a partir do mércores

O procedemento é o habitual de todos os anos, a través da aplicación informática específica que incorpora por primeira vez a medida de gratuidade da Xunta

08/07/2024 | 11:18 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Galicia e as rexións europeas debaten sobre o impacto da futura ampliación da UE na política rexional

 O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE participou no último encontro da comisión CIVEX do Comité Europeo das Rexións, celebrado na capital de Lituania

08/07/2024 | 10:59 | C. de Sanidade

O 061 de Galicia asistiu 80 persoas por 60 accidentes de tráfico durante a fin de semana

Desde as 15,00 horas do venres, 5 de xulllo ata as 23,59 horas do domingo, 7 de xullo, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 79 chamadas por accidentes de tráfico

07/07/2024 | 19:08 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

López Campos celebra no ‘Rompetiño Jump’ un verán de actividades culturais para todos os públicos

Este certame está vencellado á marca Fest Galicia, creada pola Xunta para promover a organización de iniciativas musicais na Comunidade