Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 476 novas da área temática Forestal:

04/03/2023 | 17:33 | C. do Medio Rural

Estabilizado un incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Cualedro, parroquia de San Millao

O lume entrou desde Portugal e, segundo as últimas estimacións, afecta a máis de 20 hectáreas en territorio galego

04/03/2023 | 14:41 | C. do Medio Rural

A Xunta prevé mobilizar algo máis de 53 hectáreas no concello de San Cibrao das Viñas a través da implantación do polígono agroforestal de Soutopenedo

Na actualidade, xa son 21 os polígonos agroforestais en distintas fases de actuación existentes na nosa comunidade, dos cales 15 se atopan na provincia de Ourense

03/03/2023 | 14:23 | C. do Medio Rural

A Xunta inicia os traballos de roza e posta a punto do novo polígono agroforestal de Barzamedelle, no concello de Leiro

Este polígono mobilizará 145,6 hectáreas de superficie, divididas en 183 parcelas propiedade de 113 veciños

03/03/2023 | 12:24 | C. do Medio Rural

A Xunta inviste preto de 500.000 € en traballos preventivos de loita contra incendios forestais nos concellos de Carballeda de Avia e Avión

Ademais dos traballos de roza na contorna destes núcleos de poboación, construíuse un novo peche gandeiro para salvagardar os animais

02/03/2023 | 12:20 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Policía Autonómica e axentes ambientais esclarecen un incendio forestal no concello de Vilanova de Arousa

O lume foi provocado por unha tala dun eucalipto sen as debidas medidas de seguridade que produciu un curtocircuíto ao caer a árbore sobre o tendido eléctrico de alta tensión

01/03/2023 | 20:17 | C. do Medio Rural

Extinguido o incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Calvos de Randín, parroquia de Randín

Segundo as últimas medicións, o lume afectou a 0,28 hectáreas de monte raso dentro do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés

01/03/2023 | 19:01 | C. do Medio Rural

Estabilizado o incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Calvos de Randín, parroquia de Randín

Segundo as primeiras estimacións, o lume afecta menos dunha hectárea de superficie dentro do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés

01/03/2023 | 18:59 | C. do Medio Rural

Activo un incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Calvos de Randín, parroquia de Randín

Segundo as primeiras estimacións, o lume afecta menos dunha hectárea de superficie dentro do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés

01/03/2023 | 13:58 | C. do Medio Rural

A superficie na que a Xunta ten actuado mediante queimas prescritas no que vai de 2023 para avanzar na prevención dos incendios supera a media dos últimos 10 exercicios completos

José González sinalou que no que vai de ano lévanse efectuado máis dun cento de queimas prescritas en máis de 500 ha co gallo de reducir a carga de combustible e de crear descontinuidades para mellorar as capacidades de extinción

01/03/2023 | 10:10 | C. do Medio Rural

A Xunta alleará 28 lotes por case 700.000 € na próxima poxa pública electrónica de madeira que se celebrará na xefatura territorial de Pontevedra

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a convocatoria da Consellería do Medio Rural, cuxa poxa se celebrará o vindeiro 19 de abril