Actualidade
Buscador de novas
A Xunta destina a Asfedro preto de 60.000 euros en axudas para varios programas de carácter sociosanitario no ámbito dos trastornos mentais
A entidade resultou beneficiada de dúas achegas da Consellería de Sanidade: unha de 50.000 euros para melloras de centros sanitarios e outra de 6.500 euros para programas de fomento do emprego en persoas con trastornos mentais
A Xunta completa a distribución das bandeiras azuis 2023 na provincia de Pontevedra coa entrega de cinco insignias a Poio, A Guarda e A Illa
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera,repartiu estes distintivos para as praias de Cabeceira, Area Grande, O Muíño, Area da Secada e O Bao aos alcaldes Ángel Moldes e Roberto Carrero e a concelleira Rosi Viana
A Xunta destaca o seu compromiso coa mellora da seguridade e da saúde laboral no sector mineiro
O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, participou esta mañá en Santiago de Compostela na apertura dunha xornada técnica organizada polo Instituto Nacional de Silicose
A Xunta aproba un paquete de medidas de preto de 50 M€ para axudar as persoas en risco de exclusión, as familias, os maiores e as persoas con discapacidade
Rueda salienta que estas axudas permitirán achegar ás entidades sociais recursos para mellorar a súa atención
O presidente da Xunta pon en valor as axudas de 12.000 € anuais impulsadas polo Goberno galego para apoiar a enfermos con ELA
Con motivo do Día mundial do ELA, anima a outras Administracións a seguir o exemplo do Goberno galego, pioneiro nestas achegas directas que solicitaron xa un cento de afectados pola doenza
A Xunta financia a contratación de 23 socorristas para a próxima campaña de verán en seis concellos do Salnés e O Ullán
A Consellería de Promoción do Emrpego e Igualdade anunciou a concesión de case 80.000 € para os municipios de Vilagarcía, Ribadumia, Sanxenxo, A Illa, Meaño e Catoira para garantir a seguridade en praias e piscinas
A Xunta publica en réxime de concerto social as prazas de atención diúrna a menores con medidas de protección
Trátase de máis de 200 prazas que teñen como obxectivo proporcionarlles aos nenos e adolescentes unha serie de servizos de apoio socieducativo e familiar para favorecer o seu proceso de normalización