Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 884 novas da área temática Agricultura e gandería:

13/11/2023 | 17:10 | C. do Medio Rural

A Xunta e o Goberno asturiano organizan unhas xornadas para compartir experiencias no ámbito do desenvolvemento rural

A directora xeral de Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, participou hoxe na primeira xornada en Folgoso do Courel deste encontro, que conta co apoio da Asociación de Grupos de Desenvolvemento Rural de Galicia e de Red Asturiana de Desarrollo Rural

13/11/2023 | 15:06 | C. do Medio Rural

A Xunta entrega cinco novas cartas de artesá do selo Artesanía Alimentaria, no marco da Feira Etiqueta Negra de Pontevedra

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, asistiu á última xornada deste evento gastronómico para formalizar a concesión destas distincións

13/11/2023 | 13:30 | C. do Medio Rural

A Xunta esixe ao Goberno central unha estratexia conxunta para combater a enfermidade hemorráxica epizoótica que afecta a toda España

Solicita oficialmente a convocatoria “urxente e específica” dunha conferencia sectorial, para deseñar o paquete de medidas a adoptar dun xeito conxunto polo Goberno e as CCAA respecto ás enfermidades emerxentes que afectan á cabana gandeira

10/11/2023 | 15:11 | C. do Medio Rural

A Xunta destaca que Galicia foi unha das primeiras comunidades en garantir indemnizacións para as mortes causadas no vacún pola enfermidade hemorráxica epizoótica

Así o resaltou José Balseiros, que destacó a xestión da Administración galega con respecto a esta enfermidade

09/11/2023 | 16:12 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta impulsará o emprendemento mozo e reforzará a colaboración con AJE Galicia para dinamizar o rural e diversificar a súa economía

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, participou no congreso ‘Emprendemento rural sustentable’ organizado pola Asociación de Jóvenes Empresarios AJE Galicia

08/11/2023 | 18:34 | C. do Medio Rural

A Xunta declara cinco novos focos de enfermidade hemorráxica epizoótica en explotacións bovinas das provincias de Lugo e Ourense

As principais medidas de prevención para esta enfermidade consisten fundamentalmente en evitar a exposición dos bovinos ao mosquito vector transmisor da enfermidade

08/11/2023 | 13:35 | C. do Medio Rural

A Xunta prepara unha nova edición das Catas dos meles e queixos de Galicia

Os equipos de recollida de mostras da Axencia Galega da Calidade Alimentaria comezarán mañá este traballo, no que visitarán as máis de 50 industrias inscritas
 

08/11/2023 | 11:54 | C. do Medio Rural

A Xunta e o Concello de Ponteceso avanzan na recuperación de terras e mellora de infraestrururas neste municipio coruñés

O conselleiro do Medio Rural e a directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural mantiveron unha reunión de traballo co alcalde desta localidade

07/11/2023 | 16:02 | C. do Medio Rural

A Xunta difunde na segunda xornada do Gastronomic Forum de Barcelona a potencia da industria alimentaria galega do campo e do mar baixo a etiqueta de Galicia calidade

26 empresas e produtos representantes da industria alimentaria galega amparados polos selos de calidade de DO ou IXP, participan través do stand de Galicia Calidade, froito do esforzo conxunto do goberno autonómico