Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.406 novas da área temática Infraestruturas:

12/12/2023 | 12:22 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por máis de 4,3 M€ as obras do novo colector xeral de Burela para a mellora do saneamento municipal

Executarase unha estación de bombeo e tratamento que recollerá a maior parte das augas residuais de Burela para impulsalas cara á futura nova depuradora

12/12/2023 | 11:50 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta solicítalle ao Ministerio a convocatoria urxente da conferencia sectorial de transportes para abordar as bonificacións do transporte público desde o 1 de xaneiro

O Goberno galego descoñece as previsións que manexa o Executivo español en relación aos bonos gratuítos para o tren e ás bonificacións dos autobuses, tanto estatais, como nos interurbanos e urbanos, de competencia das comunidades e dos concellos

11/12/2023 | 14:36 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras do colector do río sardiña para culminar o saneamento da enseada da Malata de Ferrol, cun novo investimento de 900.000

Esta intervención adicional está a comezar coa instalación das casetas de traballo e a preparación das tubaxes na contorna das obras
 

11/12/2023 | 13:55 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta inviste 171.000 € este ano na mellora de infraestruturas municipais en Cerdedo-Cotobade

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, visitou a localidade para comprobar as actuacións feitas ao abeiro de distintas liñas de apoio

11/12/2023 | 13:17 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez anuncia a licitación das obras dunha nova glorieta no Val e dunha conexión co polígono de río do Pozo de Narón, que suporán un investimento de 935.000 €

Indica que se mellorará a mobilidade no Val substituíndo a actual intersección en cruz por unha rotonda de 32 metros de diámetro no cruce da AC-116 coa vía da deputación

11/12/2023 | 11:31 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a encomenda á Axencia Galega de Infraestruturas da execución das obras da estación intermodal de Lugo

Trátase da construción da terminal de autobuses integrada na de ferrocarril e do aparcadoiro subterráneo, cuxas obras foron licitadas pola Xunta a finais de novembro por 20 M€ coa previsión de inicialas na primavera

08/12/2023 | 11:39 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
07/12/2023 | 13:17 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta achegou 30.000 euros ao concello de Navia de Suarna para acondicionar un inmoble municipal en Queizán

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que a actuación incluíu a mellora do illamento e a renovación das carpinterías exteriores

06/12/2023 | 11:40 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por máis de 1,8 M€ as obras de remodelación da ponte na rúa Fomento de Carballo para reducir o risco de inundación no río Anllóns

Intervirase na zona da ponte, onde o estreitamento do leito do río e a súa escasa capacidade de desaugue fan que sexa unha das zonas más inundables no casco urbano en época de enchente

05/12/2023 | 18:34 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta licita as obras de mellora do pavillón polideportivo Monte das Moas por case 850.000 €

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou hoxe na presentación do proxecto durante á súa visita ás instalacións