Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 476 novas da área temática Forestal:

16/03/2023 | 13:48 | C. do Medio Rural

A Xunta inicia os traballos de roza e posta a punto do novo polígono agroforestal de Mandelos, no concello de Crecente

Este polígono mobilizará algo máis de 45 hectáreas de superficie, divididas en 391 parcelas propiedade de 183 veciños

14/03/2023 | 12:39 | C. do Medio Rural

A Xunta louva a implicación da deputación de Ourense ao sumarse a 13 novos convenios con outros tantos concellos para a dotación de maquinaria para a prevención dos lumes

José González e Manuel Baltar asinaron os respectivos acordos cos rexedores da Merca, Melón, A Peroxa, Castro Caldelas, Taboadela, Gomesende, Entrimo, O Bolo, O Pereiro de Aguiar, Vilar de Barrio, Baños de Molgas, Nogueira de Ramuín e Manzaneda

14/03/2023 | 11:37 | C. do Medio Rural

A Xunta pon en valor a produción resineira en prol da multifuncionalidade do monte galego e do fomento dos recursos forestais non madereiros

José Luis Chan destacou que grazas a este aproveitamento, ao mesmo tempo que se produce, estase a crear emprego de calidade, o que se traduce en fixación da poboación rural

13/03/2023 | 13:27 | C. do Medio Rural

A Xunta imparte cursos sobre o aproveitamento da auga na extinción de incendios forestais

A primeira edición da iniciativa xa se impartiu na base de avións de Antela, en Xinzo de Limia, e mañá celebrarase outra no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude

13/03/2023 | 10:12 | C. do Medio Rural

A Xunta destina preto de 2,5 M€ a 164 particulares e empresas para impulsar a madeira como elemento estrutural na construción

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución destas achegas convocadas o ano pasado

10/03/2023 | 14:49 | C. do Medio Rural

A Xunta complementa as axudas do pasado verán cunha nova liña para garantir a replantación de castiñeiros afectados polos incendios de xullo de 2022

José Balseiros reiterou que esta nova convocatoria sumarase ás achegas de reposición de explotacións forestais, agrícolas ou gandeiras danadas por eses incendios, que beneficiaron a case 180 propietarios por un importe de máis de 830.000 euros.

09/03/2023 | 11:26 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Policía Autonómica e axentes ambientais esclarecen un incendio forestal na Baña (A Coruña)

O lume foi provocado pola realización de labores de limpeza sen as debidas medidas de seguridade

06/03/2023 | 14:50 | C. do Medio Rural

A Xunta convocará unha liña de axudas para garantir a replantación de castiñeiros afectados polos incendios do pasado verán

José González dixo que estas achegas contarán co orzamento preciso para cubrir a replantación de soutos necesaria tras os lumes de xullo de 2022, como complemento das axudas convocadas xa naquel mes para a reposición de explotacións forestais, agrícolas ou gandeiras danadas por eses incendios

04/03/2023 | 19:57 | C. do Medio Rural

Extinguido o incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Cualedro, parroquia de San Millao

O lume entrou desde Portugal e, segundo as últimas medicións, afectou 19,56 hectáreas de monte raso en territorio galego