Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 14.980 novas da área temática Áreas temáticas:

09/07/2024 | 16:39 | C. do Medio Rural

A conselleira do Medio Rural pide o compromiso das cadeas de distribución co prezo do leite e coa promoción dos produtos agroalimentarios galegos

María José Gómez mantivo hoxe un encontro con representantes das principais empresas de distribución que operan en Galicia para continuar colaborando en favor do sector primario

09/07/2024 | 16:35 | C. do Mar

Portos de Galicia adxudica neste mes de xullo as obras de remodelación e ampliación da lonxa de Tragove, licitadas por 1,38 millóns de euros

Os traballos permitirán dotar ao edificio dunha nova zona para a limpeza de caixas, a preparación do peixe e cámaras de frío e conxelación 

09/07/2024 | 16:33 | C. do Medio Rural

Medio Rural salienta os beneficios para os concellos do Plan de mellora de camiños rurais, dotado con máis de 19 M€ para 2024 e 2025

María José Gómez fixo balance das actuacións realizadas arredor desta iniciativa, que contou cunha dotación orzamentaria de máis de 130 millóns de euros no período 2016-2024 que se traducen en máis de 4.280 quilómetros de vías rurais melloradas

09/07/2024 | 16:00 | Secretaría Xeral para o Deporte ; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Lete Lasa sinala que o Mundial Júnior de Vilagarcía reforzará a Galicia como referente internacional da vela tal e como fixo o Europeo de 2019

Jacobo García, Jaime Wizner, Pablo Llorens, Estela Enríquez ou Claudia Sobral son “o presente e o futuro da nosa vela, que se miran no espello de grandes referentes como Támara Echegoyen que, en París, disputará como abandeirada os seus cuartos Xogos”

09/07/2024 | 15:58 | C. de Facenda e Administración Pública

Miguel Corgos anuncia que o Goberno galego revisará á alza a previsión do crecemento da economía para este ano elevando en dúas décimas a estimación do PIB ata o 2,1 %

O conselleiro de Facenda e Administración Pública compareceu hoxe no Parlamento para expoñer as 10 liñas estratéxicas do seu departamento

09/07/2024 | 15:30 | C. de Economía e Industria; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Belén do Campo pon en valor a función dos equipos directivos para garantir a boa marcha do sistema

A delegada da Xunta mantivo un encontro con representantes da Asociación de Centros Públicos da Coruña

09/07/2024 | 15:26 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta ofrece este verán co ‘CulturON 2024’ máis de 500 plans culturais para todas as idades na área de Vigo

A delegada territorial en Vigo, Ana Ortiz, acudiu ao Acuario do Museo do Mar de Galicia no que se celebran visitas guiadas

09/07/2024 | 15:16 | Axencia de Turismo de Galicia
09/07/2024 | 14:49 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta impulsa a internacionalización do modelo da FP galega, un referente en toda España

A directora xeral de FP, Eugenia Pérez, participa na inauguración de ‘Erasmus+. O camiño da FP cara unha Europa máis sostible’ organizada por SEPIE