Actualidade
Buscador de novas
Fabiola García visita as novas instalacións do centro Princesa Letizia de Amencer-Aspace ás que a Xunta destinou 2 millóns de euros
A través destas actuacións, creáronse 22 novas prazas de atención diúrna e nove de atención residencial
A Xunta recibe no Obradoiro os participantes do proxecto inclusivo ‘Sen límites’ que realizaron o Camiño de Santiago
A sexta edición deste programa de sendeirismo e montañismo con persoas do concello murciano de San Javier centrouse na peregrinación polo Camiño Francés desde Sarria
A Xunta destaca o valor inclusivo do Camiño de Santiago e a importancia de dar visibilidade ao deporte adaptado
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes en funcións, Diego Calvo, recibiu os participantes da cuarta edición de ‘Enki no Camiño’, que o Goberno galego apoia para que as persoas con discapacidade poidan peregrinar a Santiago de Compostela en bicicleta con material adaptado
A Xunta reforza a colaboración con Aspas para mellorar a atención os usuarios dos seus centros
O Goberno galego investiu recentemente 60.000 euros na mellora deste equipamento e 550.000 euros na súa residencia e centro de día en San Marcos, ademais de incrementar o investimento no financiamento de prazas que oferta a entidade coa entrada en vigor do concerto social
A Xunta implanta dous novos órganos de valoración en Lugo para axilizar o acceso ás prestacións sociais
Súmanse aos sete que hai na rúa Serra de Ancares para emitir as propostas de grao e nivel de dependencia e do plan individual de atención
A Xunta e a Asociación Paseniño estudan posibles vías de colaboración para mellorar a atención a persoas con discapacidade
A directora xeral Begoña Abeijón reuniuse hoxe con membros desta entidade da Costa da Morte
A Xunta e a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia colaboran a prol da accesibilidade nos actos institucionais
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes en funcións, Diego Calvo, e o presidente da FAXPG, Iker Sertucha, asinaron hoxe o acordo para dotar de medios de interpretación os eventos que se realicen ao longo deste ano