Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 170 novas da área temática Territorio:

29/02/2024 | 11:55 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta convoca ao concello de Vigo a unha reunión técnica para axilizar a aprobación definitiva do PXOM

A xuntanza, proposta para este venres, en Santiago, ten como fin avanzar na resolución das eivas e cuestións detectadas durante a revisión do documento para poder emitir o antes posible o informe autonómico preceptivo para a súa aprobación definitiva

23/02/2024 | 12:47 | C. do Medio Rural

A Xunta analizará as posibilidades de colaboración coa asociación Olivarnoia para potenciar a modernización da súa almazara, no concello da Arnoia

Esta cooperación permitiría facilitar a reforma e ampliación das instalacións para fomentar o uso destas instalacións por parte da veciñanza

21/02/2024 | 14:57 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta pon en valor o papel dos profesionais do urbanismo e da arquitectura para avanzar cara a unha ordenación sostible do territorio

Encarnación Rivas lembra que na actualidade 121 concellos xa contan con planeamentos urbanísticos, que benefician ao 40 % da poboación da Comunidade

09/02/2024 | 14:18 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta aproba o Plan Xeral de Ordenación Municipal de Navia de Suarna

Encarnación Rivas explica que será unha ferramenta fundamental para a súa ordenación territorial e para poder beneficiar aos arredor de 1.100 habitantes

31/01/2024 | 14:15 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta cuestiona que se lle vete a xestión da súa costa cando o Goberno central demostra desleixo no exercicio desas competencias

Ángeles Vázquez lembra que o Executivo central se atribúe a potestade exclusiva neste eido, pero que en episodios recentes tivo a oportunidade de facer uso das súas atribucións no eido marítimo e non o fixo

30/01/2024 | 14:02 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
25/01/2024 | 13:48 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta convoca en febreiro e en marzo os propietarios dos terreos necesarios para a mellora de 64 paradas de autobús en estradas autonómicas das comarcas de Santiago, Fisterra, Terra de Soneira e Xallas

Acondicionaranse as paradas de autobús situadas en 14 estradas autonómicas ao paso por 10 concellos da provincia cun orzamento de preto de 1,2 M€

23/01/2024 | 17:38 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta aproba de forma inicial o Plan Básico Municipal de Viana do Bolo de cara a dotar o concello dun instrumento eficaz de ordenación do territorio

Encarnación Rivas lembra que se trata dunha ferramenta que ten como obxectivo impulsar unha ordenación urbanística responsable e sostible dos concellos de menos de 5.000 habitantes

20/01/2024 | 12:36 | C. do Medio Rural

A Xunta remata os peches perimetrais da aldea modelo de Pedrosa, no concello ourensán de Riós

A superficie da aldea modelo é de 67,45 hectáreas, divididas en 922 parcelas de 164 titulares catastrais

08/01/2024 | 13:21 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta e o concello de Cerdedo-Cotobade colaboran achegando máis de 377.000 euros para completar o saneamento na parroquia de Tenorio

O acordo establece as bases da cooperación técnica e financeira para dotar deste servizo municipal os núcleos de Covas, A Torre Vella e O Río Tenorio