Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 236 novas da área temática Lingua:

16/05/2024 | 16:40 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta centra a celebración do Día das Letras Galegas na Coruña, cidade da homenaxeada Luísa Villalta

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, participa hoxe no acto académico da USC e mañá, 17 de maio, na axenda institucional da cidade herculina cunha exposición ao redor da autora e cun acto aberto á cidadanía 

16/05/2024 | 13:22 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Biblioteca de Galicia celebra as Letras Galegas cunha mostra bibliográfica que repasa a obra poética e narrativa da escritora coruñesa Luísa Villalta

A exposición Luísa Villata, a memoria dos sons reúne publicacións periódicas, libros, poemas, documentos, fotografías e CDs para repasar a traxectoria da escritora

16/05/2024 | 13:01 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; Secretaría Xeral de Emigración

Emigración celebra o Día das Letras Galegas cun contacontos dedicado a Luísa Villalta

A maiores, a Secretaría Xeral tamén subirá de xeito gratuíto a súa web o libro ilustrado na que se narra a vida da homenaxeada nesta data

15/05/2024 | 18:51 | C. de Sanidade; C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue e a Consellería de Cultura agasallan cun libro aos doantes co gallo do Día das Letras Galegas

As persoas que acudan a doar na véspera da xornada festiva, recibirán este obsequio especial co que conmemorar esta xornada, que este ano lembra a figura da escritora coruñesa Luisa Villalta

14/05/2024 | 14:40 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

López Campos fai un chamamento ao consenso para seguir impulsando e prestixiando o uso do galego

Nas vésperas das Letras Galegas, propón iniciar un camiño de colaboración para proxectar a Galicia cara ao futuro e traballar pola nosa gran riqueza lingüística desde a concordia e con liberdade

11/05/2024 | 12:51 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Arredor de 200 docentes afianzan a súa formación en linguas estranxeiras con estratexias para a dinamización na aulas e novos recursos didácticos

Román Rodríguez destaca as distintas accións impulsadas pola Xunta neste eido como a certificación de competencias lingüísticas ou a mobilidade internacional

11/05/2024 | 10:02 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta convoca as axudas á edición de materiais didácticos en lingua galega para o ano 2024

Destina 200.000 euros a fomentar a elaboración e publicación de recursos didácticos curriculares en galego e favorecer o tecido da industria editorial galega

10/05/2024 | 13:30 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta conmemorará o 17 de maio tamén desde o ámbito deportivo coa X Carreira Camiño das Letras

Celebrarase con dúas rutas diferentes, unha de 15 km, que recorrerá a Ruta da Prata desde o Pico Sacro á Cidade da Cultura, e outra de 5 km, na propia contorna do Gaiás

08/05/2024 | 12:50 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta colabora cunha vintena de editoriais para a tradución de 83 obras

A iniciativa, incluída no Plan de impulso do libro galego, está dirixida a favorecer que as obras galegas se editen noutras linguas, impulsando así a proxección internacional da nosa cultura