Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.406 novas da área temática Infraestruturas:

09/07/2024 | 17:37 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

O director da Axencia Galega de Infraestruturas defende a sostibilidade económica das estradas galegas no congreso “Transforming roadMobility” que se celebra en Toledo

Francisco Menéndez participou hoxe xunto a responsables de estradas de distintas comunidades na mesa redonda que analizou as limitacións e propostas para a sostibilidade económica das redes de estradas

08/07/2024 | 14:33 | A Presidencia da Xunta; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta advirte de que a conexión de alta velocidade entre Galicia e Portugal demoraríase ata polo menos 2034 debido aos trámites que aínda quedan pendentes

Rueda salienta a necesidade de avanzar “en infraestruturas fundamentais” para garantir a conectividade co país veciño

06/07/2024 | 17:25 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta avanza nas obras de renovación do pavimento da Autovía do Barbanza iniciando durante a vindeira semana os traballos na contorna do enlace de Vilariño, en Boiro

Durante os días 8, 9 e 10 de xullo están programadas actuacións de reparacións puntuais de firme no entorno do enlace de Vilariño, e na glorieta de conexión coa AC-305

06/07/2024 | 17:07 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe sete ofertas para executar a conexión da ponte internacional coa estrada autonómica PO-510, en Salvaterra de Miño

A actuación, que conta cun investimento de máis de 424.000 euros, céntrase no acondicionamento de algo máis de 350 metros de lonxitude do treito que vai da rúa Rosalía de Castro ata a rúa Fontoura

06/07/2024 | 16:13 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A conselleira María Martínez Allegue visita a actuación na contorna do río Louro executada no Porriño ao abeiro do plan Hurbe

A intervención consistiu, entre outras na pavimentación do viario paralelo á vía férrea nun treito de 1,5 km coa delimitación dun carril bici direccional e unha zona de tránsito peonil

06/07/2024 | 12:59 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta inviste arredor de 115.000 euros na reparación da ponte colgante Cal Grande e ultima o proxecto para arranxar a de Fornelos

A previsión é que as obras na primeira infraestrutura comecen a principios da vindeira semana e que estean rematadas a finais de setembro

06/07/2024 | 11:02 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

As obras de renovación do pavimento e da iluminación da Ponte Esperela, en Leiro, obrigan a cortar o tráfico na estrada OU-209 a partir deste luns

Para executar esta intervención será necesario o corte da circulación no tramo da OU-209 entre os puntos quilométricos 3+820 e 3+990

05/07/2024 | 14:05 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; A Presidencia da Xunta

Belén do Campo destaca o esforzo da Xunta para reducir a sinistralidade nas estradas autonómicas na Comisión Provincial de Tráfico e Seguridade Viaria

A delegada da Xunta na Coruña e a delegada de Ferrol participaron neste encontro para mellorar o tráfico, a seguridade viaria e a mobilidade sostible, así como promover acordos entre as distintas administracións públicas e entidades que desenvolven actividades nos devanditos ámbitos

05/07/2024 | 13:33 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Martínez Allegue aborda coa Asociación de Construtores de Pontevedra actuacións en materia de vivenda e infraestruturas

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, xunto coa delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, participou hoxe en Vigo nun almorzo informativo co citado colectivo da construción

04/07/2024 | 14:40 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta finaliza as obra de mellora da estrada autonómica PO-340 ao seu paso por Gondomar

A delegada territorial en Vigo, Ana Ortiz, visitou este xoves os traballos e pediu ao alcalde de Gondomar “lealdade institucional” cunha actuación “moi necesaria”