Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 327 novas da área temática i+D+i:

08/05/2024 | 19:16 | C. de Economía e Industria

Lorenzana resalta o compromiso da Xunta co emprendemento innovador e o impulso ás startups

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, participou en Vigo na entrega dos Premios Emprende XXI, organizados por Caixabank e Enisa

23/04/2024 | 15:14 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Unha vintena de centros escolares compiten para representar a Galicia na fase nacional do programa de satélites da Axencia Espacial Europea

O aeródromo das Gaivotas, en Cerceda, acolle o lanzamento de Cansat, no que participan 23 equipos e máis de 140 alumnos

23/04/2024 | 14:51 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Rueda destaca que a excelencia do sistema de investigación de Galicia sitúa á comunidade coma un referente nacional e internacional

Subliña a aposta do Goberno autonómico coa Ciencia ao incorporar esta competencia na Consellería de Educación, Universidades e FP

19/04/2024 | 15:26 | C. de Economía e Industria

A Business Factory Aero da Xunta é recoñecida como a mellor aceleradora avanzada de España no ranking Funcas 2024

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, participou hoxe no acto de presentación do Informe Funcas 2024, poñendo en valor o ecosistema de innovación galego e destacando o espírito de “colaboración” do programa

17/04/2024 | 18:34 | C. de Economía e Industria

A Xunta avanza na elaboración do plan director do sector TIC

Lorenzana convida a Ineo a facer as súas achegas a este plan, que estivo en fase de consulta pública ata o pasado 8 de abril

28/03/2024 | 10:16 | C. de Economía e Industria

O programa ReAcciona abre unha nova convocatoria ofrecendo ás pemes galegas servizos avanzados para mellorar a súa competitividade

A partir do 1 de abril, os interesados poden presentar as súas solicitudes para optar a servizos de alto valor engadido co apoio de expertos en ámbitos como o desenvolvemento estratéxico, a mellora da xestión financeira, a optimización dos procesos de produción ou a innovación

22/03/2024 | 10:27 | C. de Economía e Industria

A Xunta de Galicia pon en valor en Málaga o ecosistema galego de I+D+i

A Xunta de Galicia conta cun mostrador institucional no Foro Europeo Transfiere 2024 no que participan unha vintena de centros de I+D galegos

20/03/2024 | 15:21 | C. de Economía e Industria

A Xunta avoga por formar e reter talento científico-tecnolóxico en Galicia

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, visitou esta mañá a empresa coruñesa HACK A BOSS, dedicada á formación de carácter intensivo en tecnoloxía

20/03/2024 | 13:24 | C. de Economía e Industria

Lorenzana salienta que a nova Business Factory ClimaTech reforza a aposta de Galicia polo emprendemento innovador

A conselleira de Economía, Industria e Innovación en funcións, María Jesús Lorenzana, presentou esta aceleradora de empresas que se desenvolve en colaboración co Clúster Galego de Solucións Ambientais e Economía Circular -Viratec- e á que a Xunta achega máis de 6 M€

16/03/2024 | 11:43 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez destaca a aposta da Xunta por garantir un acceso equitativo ao uso das tecnoloxías na escola

Explica que os centros contan con recursos como os Polos Creativos e materias que afondan na Intelixencia Artificial e as Tecnoloxías Intelixentes