Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 476 novas da área temática Forestal:

29/05/2024 | 12:30 | C. do Medio Rural

A Unidade de Investigación de Incendios Forestais da Xunta identifica o presunto autor dun lume en Arteixo

Tras un traballo de investigación dende que se produce o incendio o pasado 12 de maio, conseguiuse recadar nas primeiras dilixencias probas indiciarias suficientes para poñer ao presunto autor a disposición xudicial

28/05/2024 | 14:28 | C. do Medio Rural

A Xunta prohibe dende este xoves as queimas agrícolas e forestais de particulares ata novo aviso

Isto implica que non se darán máis permisos e os xa concedidos quedarán en suspenso a partir deste xoves, 30 de maio

27/05/2024 | 15:25 | A Presidencia da Xunta; C. do Medio Rural

A Xunta aproba o Pladiga para o 2024 que amplía a videovixilancia nos montes para cubrir o 85% do territorio galego

Rueda resalta que vanse incoporar “24 novas cámaras en 12 localizacións” ata chegar a un total de 177

26/05/2024 | 10:16 | C. do Medio Rural

Medio Rural afianza a súa aposta pola formación para persoal de incendios cun curso de seguridade para bombeiros forestais condutores de motobomba

As xornadas están organizadas en catro edicións online e 21 sesións prácticas; cada unha delas ten unha duración de 20 horas en modalidade mixta, con 15 horas de teleformación e unha práctica presencial

21/05/2024 | 15:18 | C. do Medio Rural

A conselleira do Medio Rural recoñece o traballo e profesionalidade do persoal de loita contra os incendios forestais

María José Gómez mantivo un encontro coas asociacións de bombeiros forestais e traballadores de incendios para coñecer as peticións e demandas destes profesionais que forman parte do Servizo de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais (SPIF)

20/05/2024 | 17:31 | C. do Medio Rural

A conselleira do Medio Rural reúnese coa directiva da Asociación Forestal de Galicia

O encontro forma parte da rolda de contactos que está a manter María José Gómez con responsables do sector e nel abordáronse cuestións como a mellora da fiscalidade, a xestión forestal ou a produción madeireira

16/05/2024 | 17:32 | C. do Medio Rural

A Xunta reforza a súa colaboración cos representantes do sector forestal galego

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, reuniuse hoxe con responsables da Federación empresarial de serradoiros e rematantes de madeiras de Galicia, Fearmaga, e da Organización galega de comunidades de montes veciñais en man común