Actualidade
Buscador de novas
A Xunta reúnese cos axentes sociais e económicos da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal para avanzar no estatuto do traballador transfronteirizo
Foi a primeira reunión técnica deste grupo de traballo, que entregará o traballo aos gobernos de España e Portugal antes do próximo Cumio Ibérico do mes de outubro
Galicia aposta no Comité europeo das rexións por un mecanismo para superar os obstáculos entre fronteiras europeas
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE interveu durante o pleno para amosar o apoio galego á creación dunha ferramenta para facilitar as relacións entre fronteiras europeas
Galicia amosa o seu compromiso cunha política da UE máis transparente e próxima á cidadanía
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo asistiu na comisión Civex do Comité Europeo das Rexións a un debate relativo á promoción da participación dos entes locais e rexionais no proceso lexislativo da UE
Galicia e outras rexións e cidades europeas reivindican o seu papel no futuro da UE durante o Cume de Mons
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, estivo entre os representantes electos reunidos
A Xunta aposta por reforzar a Cooperación Transfronteiriza na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal en ámbitos como a mobilidade académica, cultural e científica
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, e a directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, participaron hoxe na reunión da asemblea da Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) da Eurorrexión Galicia - Norte de Portugal, na que se aprobou o plan de traballo e o orzamento para este ano
Galicia aproveita a feira Foodex para aumentar a presenza dos seus produtos do mar no Xapón e no conxunto dos mercados asiáticos
Arredor de 120 empresas transformadoras da pesca e da acuicultura exportaron produtos por valor de 145 M€ o ano pasado con destino Asia
A Xunta terá por primeira vez presenza institucional na feira alemá Prowein, na que promocionará os viños de 16 adegas galegas de cara a abrir novos mercados
A Axencia Galega da Calidade Alimentaria, adscrita á Consellería do Medio Rural, contará no evento cun posto propio que agrupará a estas empresas, e que xunto cos consellos reguladores, tamén presentes neste espazo, representarán en Düsseldorf ás cinco DO da nosa comunidade
A Xunta reforza a aposta pola internacionalización cunha nova antena do Igape en Emiratos Árabes
Permitirá identificar oportunidades de negocio, atender a demanda de información e ofrecer servizos de apoio nun mercado en auxe que inclúe outros países do golfo Pérsico como Arabia Saudita, Irán, Kuwait, Omán ou Qatar e que suma 147 millóns de habitantes
A Xunta e a Comisión Europea abordan a nova visión da acción exterior europea
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, inaugurou a primeira sesión do ano do ciclo ‘Encontros Virtuais Xunta-UE’