Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 367 novas da área temática Emerxencias:

21/06/2024 | 10:01 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Policía Autonómica e a UIFO esclarecen un incendio forestal en Val do Dubra

O lume produciuse durante a realización de traballos agroforestais cun tractor con rozadora de martelos sen as medidas de seguridade necesarias  

20/06/2024 | 13:40 | C. de Sanidade

A Xunta avanza que este verán Sanxenxo contará cun reforzo de 4 médicos e Vilagarcía cun 3º equipo de PAC

O xerente do Servizo Galego de Saúde garante unha asistencia de calidade tamén durante o verán grazas ao plan de medidas para o reforzo da atención primaria aprobado pola Xunta

17/06/2024 | 16:12 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Axencia de Turismo de Galicia
15/06/2024 | 16:19 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta, o Estado, a Fegamp e as deputacións renovan o seu compromiso de colaboración en materia de ciberseguridade a través do nodo CIBER.gal

A Administración autonómica, o INCIBE, o CCN, a Fegamp e as catro deputacións veñen de prorrogar o convenio que garante a continuidade do Nodo catro anos máis

13/06/2024 | 09:58 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta publica hoxe a convocatoria do proceso selectivo para cubrir máis dun cento de prazas para os corpos de Policía Local nunha trintena de concellos galegos

Trátase dunha nova oposición unificada centralizada na Xunta a través da Academia Galega de Seguridade Pública

10/06/2024 | 13:42 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta participa na simulación dun incendio nivel 2 en varios concellos das provincias da Coruña e Pontevedra

O director xeral de Emerxencias e Interior e o director xeral de Defensa do Monte participaron xunto cos delegados territoriais da Xunta na Coruña e Pontevedra na coordinación do operativo que abarcou os municipios de Valga, Pontecesures, A Estrada e Padrón

07/06/2024 | 12:10 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
07/06/2024 | 11:56 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Manuel Pardo pon en valor a entrega, a eficacia e o esforzo diario das forzas e corpos de seguridade que traballan en Galicia

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, asistiu esta mañá á exhibición de recursos policiais dirixida á comunidade educativa de Ourense

06/06/2024 | 12:41 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Policía Autonómica levanta cinco actas de infracción nun dispositivo de prevención de consumo de alcohol por menores realizado no festival O Son do Camiño

Catro dos levantamentos foron a postos ambulantes localizados nas proximidades do evento que carecían de cartel informativo da prohibición de venda e subministración de alcohol a menores, así como de licenza municipal de actividade