Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 285 novas da área temática Consumo:

25/05/2024 | 14:43 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

José González reafirma no Día do Mercado de Galicia o pulo da Xunta para potenciar as prazas de abastos e sinala que son clave para dinamizar o emprego local

Salienta que a Xunta traballa para darlle ao comercio de proximidade a relevancia que se merece e avanza a convocatoria en verán das axudas a concellos e asociacións de comerciantes para a mellora de instalacións e equipamentos

25/05/2024 | 12:18 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Ana Ortiz anima á cidadanía a comprar nos mercados e prazas de abastos pola "garantía de calidade, servizo e atención"

A delegada territorial da Xunta presentou este xoves en Baiona a campaña de promoción “Quere o teu mercado”

21/05/2024 | 13:21 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Manuel Pardo destaca as bondades do consumo de produtos frescos no comercio de proximidade

Manuel Pardo animou a todos os asistentes a sumarse a esta campaña coa que, en definitiva, se busca dinamizar estes espazos achegándose á cidadanía para potenciar a compra do produto local, ademais de poñer en valor o bo facer dos profesionais

19/05/2024 | 16:35 | A Presidencia da Xunta; C. de Cultura, Lingua e Xuventude
19/05/2024 | 13:40 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon en valor a aposta do festival “Latexos do Rural” de Riós pola cultura e pola dinamización económica da súa contorna

José González mostrou o seu apoio aos negocios que conforman as economías locais a través de ferramentas como a Rede de polos de emprendemento, con catro centros activos na provincia de Ourense, un deles en Verín

18/05/2024 | 21:58 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude
17/05/2024 | 18:00 | C. do Medio Rural

A Xunta promociona a artesanía alimentaria no mercado Gastrotur do Ulla con apoio a 17 empresas do sector

María José Gómez salientou a ampla gama de produtos presentes neste evento e o programa de actividades previsto, con degustacións, obradoiros de artesanía e xogos para os máis pequenos

15/05/2024 | 14:10 | C. do Mar

Manuel Pardo pon en valor a LIII Edición da Festa do Peixe de Bande

A abundancia de peixe ríos da zona foi un factor importante que influíu na elección de Bande como sede do campionato de pesca, amparado pola Federación Galega

14/05/2024 | 17:50 | C. do Medio Rural

A Xunta aposta pola recuperación das variedades autóctonas de trigo para fomentar a produción de pan galego con selo de calidade

O director da Axencia Galega da Calidade, José Luis Cabarcos, participou esta mañá nunha mesa redonda enmarcada no programa de actividades con motivo do Día do Pan, organizadas pola Asociación Provincial de Industrias de Panadería e Pastelería de Pontevedra na localidade de Lalín