Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 358 novas da área temática Administración pública:

30/06/2024 | 10:38 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta estuda vías para colaborar co concello das Neves na mellora do saneamento no lugar de Tortoreos

Tamén avaliaron o proxecto para a construción dunha nova estación depuradora de augas residuais na parroquia de Liñares

27/06/2024 | 14:34 | A Presidencia da Xunta

Rueda destaca que Galicia vai ser a primeira rexión de Europa en contar cunha lei propia sobre o uso da intelixencia artificial

Salienta a importancia que a intelixencia artificial ten en moitos ámbitos do día a día, mellorando a vida das persoas

27/06/2024 | 12:37 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta impulsa a mellora na accesibilidade da casa consistorial de Leiro cunha achega de 34.000€

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou as instalacións para coñecer o resultado das accións executadas no marco da Orde de infraestruturas de uso público

26/06/2024 | 17:07 | A Presidencia da Xunta

O presidente da Xunta e o da Deputación de Ourense reforzan a colaboración para impulsar a economía da provincia e o benestar da cidadanía

Ambas institucións continuarán potenciando a estación de Manzaneda, asumindo de xeito conxunto a liquidación da débeda e achegando financiamento anual

25/06/2024 | 14:53 | A Presidencia da Xunta

O presidente da Xunta e o alcalde de Vigo acordan avances en diversos ámbitos de interese para a cidade

Rueda destaca o encontro con Caballero como “cordial e construtivo” e considera “positivo” que quede aberta unha canle de comunicación entre ambas institucións

21/06/2024 | 09:13 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O impulso da Xunta á dixitalización permítelle a Galicia acurtar prazos na implantación do rexistro civil electrónico

O 75% da poboación galega dispón xa deste servizo, posto en marcha en 20 partidos xudiciais, entre eles as sete cidades

20/06/2024 | 15:47 | C. de Economía e Industria

Lorenzana aposta pola axilización e a desburocratización como base da política empresarial da Xunta

A conselleira de Economía e Industria visitou hoxe o concello de Ordes para coñecer de primeira man as súas necesidades de solo industrial

20/06/2024 | 15:17 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta avanza na reforma da Lei de administración local de Galicia para dar respostas ás demandas actuais da cidadanía

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, explicou que a norma, da que xa se elaborou o borrador, adaptarase á realidade demográfica galega actual co obxectivo de garantir a calidade da prestación dos servizos municipais

19/06/2024 | 21:56 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. de Emprego, Comercio e Emigración

A conselleira Martínez Allegue asiste en Santiago á recepción con motivo da celebración da Festa Nacional do Uruguai

A titular de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, xunto co secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou esta tarde neste acto que tivo lugar no Hostal dos Reis Católicos