Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.053 novas da área temática Emprego:

17/12/2023 | 10:07 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta celebra a semana que vén o 5º encontro de mulleres emprendedoras apoiadas polo programa que distribuíu este ano máis de 4,8 M€ entre 362 iniciativas

Terá lugar o próximo venres 22 de decembro na Escola Galega de Administración Pública, onde ademais de formación -presencial e telemática- haberá espazo para que as emprendedoras compartan experiencias e para que mostren os seus produtos

16/12/2023 | 10:04 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta anima ás mulleres galegas a inscribirse no programa ‘Lideramos’ para impulsar o talento feminino e a formación en xestión de equipos

Ata 120 mulleres das catro provincias poderán participar en obradoiros e en clases maxistrais en liña, así como en sesións de networking e formación presencial atendendo ao fortalecemento de perfís ou ás competencias brandas

15/12/2023 | 15:27 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

O programa Galicia Camiño Emprendedor que impulsa a Xunta remata coa participación de 80 persoas

O secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Pablo Fernández, participou hoxe na última etapa desta iniciativa que promove o mentoring combinado co reto de realizar os percorridos do Camiño

15/12/2023 | 10:00 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta eleva ata os 5,5 M€ as axudas para impulsar o emprego nas cooperativas e sociedades laborais galegas co obxectivo de chegar a case 600 beneficiarios

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde pola que se incrementa o orzamento da convocatoria deste ano en 1,2 millóns de euros -un 28% de aumento-, que permitirán acceder ás axudas a case 200 solicitantes máis

14/12/2023 | 15:42 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Trenor informa de que a Xunta impulsa con máis de 1,3 M€ 11 accións formativas para desempregados e dous obradoiros para apoiar a 205 persoas de Santa Comba

A Xunta de Galicia destinará nos orzamentos da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade para 2024 á área de Formación para o Emprego e Orientación máis de 232 millóns de euros, dos que máis de 117 millóns destinaranse ao novo Plan galego de formación para o emprego, un 12,9 % máis que en 2023

14/12/2023 | 13:23 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia a organización de 11 obradoiros na comarca da Coruña cun investimento de 5,6 M€ para mellorar as oportunidades laborais de 212 persoas sen emprego

O delegado da Xunta participou na apertura do obradoiro de emprego dual organizado por Irixoa compartido con Aranga, Monfero e Vilarmaior

14/12/2023 | 12:48 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta concede máis de 200.000 € en axudas a 18 proxectos empresariais liderados por mulleres nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, informou da resolución desta convocatoria de emprendemento feminino durante unha visita a unha das beneficiarias deste plan autonómico