Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 561 novas da área temática Deporte:

27/06/2023 | 09:20 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Inaugurado o Campionato de Europa U20 de Loitas Olímpicas polo que pasarán 800 loitadores de 34 países ata o vindeiro domingo 2 de xullo

Lembra a pasada edición do Campionato de Europa U20 de Loitas Olímpicas, celebrado en 2019 en Pontevedra, así como a realización de nove mundiais de Loitas Olímpicas Sub23, Grappling e Grappling Gi U17, U20 e absoluto que reuniron en Pontevedra a 1.800 deportistas o ano pasado

22/06/2023 | 14:41 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Os Bolechas deportistas visitarán a rapazada de 15 concellos da rede de dinamización lingüística

A familia máis famosa da literatura infantil galega viaxará en caravana cunha programación chea de xogos para fomentar o uso do galego no ámbito deportivo

21/06/2023 | 18:07 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

As carreiras de obstáculos (OCR) regresan ao Gaiás o vindeiro 2 de setembro grazas á iniciativa da Gladiator Race, apoiada pola Xunta

A carreira contará con máis de 6 quilómetros e 30 obstáculos e as entradas poderanse adquirir dende mañá ás 22,00 horas

18/06/2023 | 11:46 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Secretaría Xeral para o Deporte

Preto dun centenar de participantes formáronse sobre inclusión grazas ás xornadas da Escola Galega do Deporte

Durante as xornadas establecéronse sinerxías entre as 45 federacións deportivas galegas asistentes de cara a seguir avanzando no que ao deporte inclusivo se refire co fin de ampliar a oferta deportiva de Galicia para o colectivo de discapacidade garantindo a súa inclusión

17/06/2023 | 15:21 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Secretaría Xeral para o Deporte

Lete destaca o campionato de España de J70 da Toxa como un dos maiores eventos da vela nacional

Remarca a participación do ourensán Luis Pérez Canal, campión de Europa de J70 en 2019 co Abril Verde, e do vigués Luis Bugallo, campión do mundo de J70 en 2018 co Marnatura, ambos os dous na clase Corinthian

16/06/2023 | 14:19 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Emprego, Comercio e Emigración

O Plan Corresponsables da Xunta promoverá conciliación e deporte un ano máis cun orzamento de 2,8 M€

O devandito plan promove, por segundo ano consecutivo, a conciliación e a igualdade de oportunidades para mulleres e homes con fillos menores ao cargo, ao habilitar servizos de coidado profesional con actividades de animación socio deportivas para nenos e nenas de ata 16 anos de idade

14/06/2023 | 19:32 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia a sétima edición do Rompetiño Jump que confirma a decidida aposta galega polos deportes urbanos

Nestes últimos anos, o Goberno galego recoñeceu oficialmente o parkour, o BMX, ou o 3x3 de baloncesto; creou a Federación Galega de Baile Deportivo e impulsou a Liga Xunta de Galicia de Breaking, deporte que será olímpico en París 2024

13/06/2023 | 14:47 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Secretaría Xeral para o Deporte
06/06/2023 | 13:58 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Secretaría Xeral para o Deporte

Galicia xa suma 866 deportistas recoñecidos dos que o 82 % son deportistas galegos de alto nivel

Entre estes nomeamentos destacan novos deportistas galegos de alto nivel como Jorge Candán e María del Pilar Barros, campións do Mundo de vídeo submarino; Noel Domínguez en piragüismo; Adrián Mosquera en piragüismo (paracanoe); Estrella López Sheriff en judo; Ferenc Szabo como adestrador de halterofilia; ou Nico Rodríguez que se suma á lista de deportistas galegos de alto nivel vitalicios