Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 15.043 novas:

09/07/2024 | 11:57 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño anuncia que neste ano estará en execución o 40% do plan para reducir os trámites burocráticos na atención primaria

Incide en que o obxectivo é que en 2026 a burocracia da atención primaria “estea reducida ao mínimo imprescindible” para que os profesionais sanitarios “dediquen máis tempo á actividade clínica” e os pacientes “non fagan trámites innecesarios”

09/07/2024 | 11:44 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta publica a nova convocatoria de axudas para consolidar e seguir estendendo a Rede Galega de atención temperá

Póñense a disposición dos concellos 15,8 millóns de euros para consolidar as unidades que xa están en funcionamento e crear 12 novas

09/07/2024 | 11:19 | A Presidencia da Xunta; C. do Medio Rural; C. de Economía e Industria

Rueda destaca que Galicia lidera un proxecto para a modernización e mellora da sustentabilidade do sector lácteo español

Salienta que o obxectivo é que o sector primario colla “o tren do futuro” sen perder “a súa esencia e tradición”

09/07/2024 | 10:45 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta dá luz verde á contratación da construción de 58 vivendas de promoción pública en Navia, no concello de Vigo, cun investimento de máis de 13 M€

O Goberno galego autoriza a licitación de redacción de proxecto e dirección de obra así como de execución de dous edificios de 37 e 21 vivendas de promoción pública

09/07/2024 | 09:36 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta publica a convocatoria de axudas para formar ata 18.000 persoas sen emprego dando prioridade ás especialidades máis demandadas polas empresas

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria 2024-2025 deste programa que busca flexibilizar a oferta formativa para adaptala á demanda real do mercado e que se reforza cun 8,5% máis de investimento, ata chegar aos 76 millóns de euros

08/07/2024 | 23:02 | C. do Medio Rural

Extinguido o incendio forestal do concello ourensán de Entrimo, parroquia de A Pereira

O lume iniciouse ás 20,38 horas de hoxe e afectou unha superficie de 0,25 hectáreas de monte arborado dentro do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés

08/07/2024 | 22:31 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

López Campos celebra “a calidade dos plans incluídos no CulturON 2024” no concerto ofrecido por unha sección da orquestra Chicago Brass Quintet en Merza

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude asiste hoxe á cita ofrecida polos integrantes de vento metal no marco da programación do Festival Galaico Brass 

08/07/2024 | 18:32 | Axencia de Turismo de Galicia

Xosé Merelles salienta a capacidade do Silfest para impulsar turísticamente a comarca de Valdeorras

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participa na presentación da oitava edición que conta co apoio da Xunta de Galicia e se celebrará do 18 ao 20 de xullo

08/07/2024 | 18:20 | C. de Sanidade

A Xunta inicia a tramitación do decreto que regulará a entrega de medicamentos a domicilio para pacientes dependentes ou residentes en zonas illadas

A Consellería de Sanidade abre un período de consultas para regular a entrega de medicamentos con receita na casa por parte das oficinas de farmacia ou dos servizos farmacéuticos hospitalarios en determinados supostos